AD

Comarca

Padrón prepárase para repoñer os desperfectos causados polos temporais das últimas semanas

today17 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

• Alcalde e equipo de goberno reuníronse con representantes do GES, Policía Local e departamento de obras para coordinar as actuacións
• “Arranxaremos os danos o antes posible”, sinala Anxo Arca, que agradece a implicación do persoal municipal e a comprensión da veciñanza

Padrón. 17-2-2026.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, convocou este martes unha reunión extraordinaria do Goberno Municipal con representantes da Policía Local, GES e do departamento municipal de obras para establecer “un plan de traballo que permita reparar canto antes os danos causados polos sucesivos temporais das últimas semanas”.

Sobre a mesa estiveron a reposición de múltiples puntos de luz da rede de iluminación pública, e o importante deterioro das estradas municipais, na que se formaron múltiples fochancas. A revisión dos semáforos e da sinalización viaria vertical, a desaparición de numerosas marcas viarias horizontais que necesitan ser repintadas, ou a aparición de goteiras e danos en cubertas de edificios e instalacións deportivas municipais foron outros dos puntos analizados na reunión, que se celebrou no salón de plenos.

“Arranxaremos todas as deficiencias causadas polos temporais o máis rápido posible, tan pronto como o tempo no lo permita”, asegurou Anxo Arca. Para estas actuacións, “contarase con persoal municipal e tamén con empresas, porque é moito o traballo que debemos realizar”, engadiu. O alcalde é conscientes de que estes gastos non previstos suporán un esforzo económico importante para o concello, “pero debemos asumilos”.

O tempo necesario para acometer estas obras e recuperar a normalidade, “dependerá das condicións meteorolóxicas, posto que hai tarefas que requiren dun tempo seco e un terreo enxoito. Tamén da dispoñibilidade das empresas, que serán demandadas non só polo Concello, senón tamén por moitos particulares que sufriron danos nos seus domicilios, polo que terán que repartirse e ir sacando o traballo conforme vaia sendo posible”, resaltou.

O alcalde pide “un pouco de paciencia e de comprensión ante situación, porque recuperarse deste período de tanto desgaste vai levar un tempo”. Anxo Arca agradece a implicación de todo o persoal municipal, que estivo traballando en condicións moi adversas, e tamén a comprensión da veciñanza padronesa, “que mantivo a calma e evitou situacións de risco innecesarias”.

Ademais de arranxar as estradas e mobiliario municipal, o Concello de Padrón “volverá a solicitarlle ao Ministerio de Transportes unha mellora do firme e da sinalización da estrada N-550 ao seu paso polo municipio, especialmente no que respecta á visibilidade dos pasos de peóns”, conclúe Anxo Arca.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *