AD

Comarca

Padrón presenta o programa do 25N baixo o lema ‘Corta cos roles que matan, corta coa violencia’

today14 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

• As actividades desenvolveranse do 14 ao 28 de novembro con propostas culturais, educativas e de sensibilización contra a violencia machista
• O V Certame de Debuxos, a representación teatral ‘Golpes’ e a actividade ‘Latexos de Son Violeta’ son algunhas das propostas

Padrón. 14-11-2025.- O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, pon en marcha un programa de actividades con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, promover a igualdade e contribuír á erradicación de todas as formas de violencia machista.
Baixo o lema Corta cos roles que matan, corta coa violencia, a programación inclúe accións culturais, educativas e de participación social que se desenvolverán entre o 14 e o 28 de novembro.

Como en edicións anteriores, os traballos do estudantado dos centros educativos que participou no V Certame de Debuxos exporanse entre o 14 e o 28 de novembro nos escaparates de comercios, bares e establecementos de restauración de Padrón, mostrando así o compromiso da comunidade educativa e do tecido empresarial coa igualdade.

O luns 17 de novembro procederase ao alumeado de cor lila dos monumentos máis emblemáticos do municipio, como símbolo da loita contra a violencia machista e do apoio ás vítimas.

Unha das propostas máis singulares será a actividade Latexos de Son Violeta que terá lugar o martes 25 de novembro ás 19.00 h no hall do Auditorio Municipal. Impartido por Ana Vidal, trátase dun encontro de mulleres para conectar corpo e mente a través do son, a relaxación e a calma compartida. A participación é gratuíta, con inscrición previa ata o 24 de novembro no teléfono 611 003 472 ou no correo cim@padron.gal.

O venres 28 de novembro celebrarase o acto central da programación cunha homenaxe ás vítimas na Praza da Igualdade a partir das 17.30 h. A continuación, no Auditorio Municipal, terá lugar a representación teatral da obra Golpes, da compañía Antena, e a lectura do manifesto a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Mariló Saco. Nese mesmo acto entregaranse os premios ás persoas gañadoras do V Certame de Debuxos.

Este programa está financiado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *