Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Padrón conta cun remanente de 3.733.288,36 euros, segundo informou o actual equipo de goberno, que destaca a solidez das contas municipais e a dispoñibilidade dun importante colchón económico.
Desde o executivo local subliñan que continuarán a traballar para executar as inversións necesarias que permitan que Padrón recupere o tempo perdido tras “anos de atraso e abandono acumulado durante os sucesivos gobernos do PP, dos que Ángel Rodríguez Conde é un responsable directo”.
Lembran tamén que o goberno popular, no que participaba Rodríguez Conde, levou a cabo reparos por máis de 8 millóns de euros (8.066.285,55), e que, a pesar diso, deixou o municipio cunha “enorme necesidade de inversión en todos os eidos”.
En resposta ás críticas actuais, o executivo asegura que o voceiro popular “critícase a si mesmo”, pois “o equipo de comunicación que agora cuestiona é o mesmo que contratou o PP durante o seu mandato”.
Sobre a nota de prensa difundida polo Partido Popular, o goberno padronés sostén que “o cómputo das contías dos reparos non se axusta á realidade” e lembra que na etapa do PP “existían igualmente reparos suspensivos por cantidades similares”. A diferenza, engaden, é que antes “non se percibía en que se gastaban os cartos do Concello, mentres que agora a inversión é perfectamente visible: rúas renovadas, espazos e edificios públicos coidados, un pobo máis limpo e mellores servizos para toda a cidadanía”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)