Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Asociación para a Defensa e Protección Medioambiental do Burro Fariñeiro de Galicia (ABUFA) convoca para o vindeiro 24 de xullo, ás 20:00 horas no Paseo do Espolón de Padrón, unha nova edición do Gran Derbi Asnal, unha actividade que mestura tradición, respecto polos animais e posta en valor do Burro Fariñeiro de Galicia, raza emblemática do noso territorio.
Esta proposta, que se enmarca nas festas do Santiaguiño, pretende recuperar a memoria colectiva dun tempo no que homes, mulleres e nenos convivían cos burros nas tarefas do agro, do transporte de mercadorías e mesmo das persoas. A iniciativa pretende homenaxear esa relación natural e agarimosa, afastándose da antiga visión meramente lúdica que ás veces esquecía o benestar dos animais.
A actividade contará con dúas modalidades: carreira de burr@s montados e carreira de burros a man, ademais de premios especiais á mellor parella (adulto e infantil) e ao mellor burro fariñeiro. Os premios oscilan entre os 300 e os 50 euros, e a participación é libre e gratuíta, aberta a veciños de Padrón e de toda Galicia.
A organización garante un evento 100% respetuoso cos animais, prohibindo o uso de sillas, esporas, fustas ou calquera dispositivo que cause dor. Só se permitirá montar a pelo con cabezada de cuadra e ramal, e será obrigatorio o uso de casco en todas as probas.
ABUFA pon a disposición dez burros para quen desexe participar e non dispoña dun propio, previa inscrición antes do 22 de xullo ás 12:00 h no correo electrónico xacoboperez@yahoo.es. Todos os animais deberán contar coa documentación sanitaria en regra e estar en condicións óptimas.
Con esta proposta, a asociación busca preservar e difundir a importancia do burro fariñeiro na historia galega, ao tempo que promove o seu coidado e respecto nun marco festivo, seguro e participativo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)