Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Palas de Rei é o pobo máis fermoso de Galicia segundo a App “España Turismo”. Dita aplicación turística acaba de facer un concurso donde tras unha primeira selección de todos os pobos de Galicia resultaron 27 finalistas, dos cales 9 pertencían a provincia lucense, entre eles Palas de Rei.
Finalmente, os votos dos usuarios desta aplicación decantáronse por Palas de Rei destacando a historia deste municipio estreitamente entrelazada á cultura castrexa coa influencia do Camiño de Santiago, o estilo románico que penetrou na arquitectura relixiosa deixando exemplos como a Igrexa de Vilar de Donas. Destacando tamén, o Castelo de Pambre construído a finais do século XIV, sendo unha das poucas fortalezas feudais galegas que se salvou das revoltas Irmandiñas.
Palas de Rei acadou o primeiro posto nas votacións, con 7.015 votos, seguido de Froxán (no Folgoso do Caurel) con 5167 e Cambados con 1290 votos.
O alcalde palense, Pablo Taboada, agradece a “tódalas persoas que respaldaron a candidatura de Palas de Rei e ós Concellos limítrofes que participaron activamente axudando a Palas de Rei neste importante logro e moi especialmente a todos aqueles palenses que sen estar residindo no municipio apoiaron dunha maneira firme o noso pobo”. O agradecemento, tamén, “os nosos veciños/as e a tódolos que confiaron en Palas de Rei para acadar a distinción do pobo máis fermoso de Galicia”. A súa vez, fai extensible a “noraboa ós pobos participantes no concurso, todos eles espectaculares que sin lugar a dúbidas axudan a poñer a Galicia como un dos destinos favoritos para os visitantes”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)