Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 diciembre, 2025
A Estrada prepárase para vivir unha xornada moi especial o domingo 14 de decembro, coa celebración da segunda edición do Papá Noel Solidario, unha iniciativa impulsada por Iván lorenzo e un grupo de voluntarios que destinarán todos os fondos recadados á Fundación Andrea, entidade que apoia a nenos con enfermidades graves ou terminais. “O custe total da entrada irá destinado á Fundación Andrea, que fai unha labor incrible”, explicou Iván durante a entrevista en Radio Líder Santiago.

O evento contará cun cartel “bastante completo”, con inchables, rocódromo, karaoke, xogos deportivos, talleres de Nadal, exhibicións de baile, concertos e ata un fotomatón con Papá Noel. “Temos un programa moi variado, convidamos a todo o mundo que poida vir, que se achegue á Estrada para pasar unha tarde boa e en familia”, subliñou Iván, quen destacou tamén que as entradas custarán 5 euros para nenos e 2,50 para adultos, cun prezo “máis que asequible”.
A iniciativa conta coa colaboración de múltiples asociacións e empresas locais, ademais do Concello da Estrada, escolas de danza e bandas de música. “Hai moita xente que colabora, todos poñen o seu gran de area para que isto sexa posible”, destacou o organizador, que tamén anunciou que haberá chocolate con churros para o público asistente, un detalle que “non podía faltar con este tempo”.
Iván agarda superar a afluencia da primeira edición: “O ano pasado tivemos moita xente e este ano esperamos máis, porque temos moitas máis actividades e tres pavillóns cheos de diversión para todas as idades”. Ademais, asegurou que “mentres haxa resposta do público, seguiremos organizando o Papá Noel Solidario. Queremos que isto teña segunda, terceira, cuarta e quinta edición”.
O organizador rematou a conversa agradecendo o apoio dos medios e facendo unha derradeira chamada: “Simplemente convidar a todo o mundo que veña, que se achegue á Estrada o domingo 14, que se divirta e colabore coa Fundación Andrea”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)