AD

Comarca

“Parroquias en Movemento” supera as 150 persoas participantes en Val do Dubra

today4 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

Val do Dubra, 4 de decembro de 2025 – O Concello de Val do Dubra informa de que o programa “Parroquias en Movemento”, impulsado polo Departamento de Servizos Sociais, leva en funcionamento desde setembro e conta xa con máis de 150 persoas maiores de 55 anos inscritas.

Na tarde do mércores, 3 de decembro, as actividades foron visitadas pola deputada provincial da Coruña, responsable de Política Social, Mar García. Durante a súa visita, puido comprobar de primeira man o desenvolvemento das sesións e o entusiasmo das persoas participantes. A deputada estivo acompañada do alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, do tenente alcalde, Antonio Negreira, e das concelleiras Carmen Vilacoba e Raquel Mallo, quen destacaron a importancia do programa para fomentar a actividade física, a socialización e o benestar nas parroquias do municipio.

A iniciativa busca fomentar a actividade física, mellorar a saúde e potenciar a socialización nas parroquias do municipio. Para iso, ofrécense sesións que combinan exercicio físico suave e moderado con actividades de estimulación cognitiva, favorecendo a mobilidade articular, o fortalecemento muscular, a atención, a memoria e a coordinación.

As actividades realízanse nas parroquias que dispoñen de instalacións adecuadas e nas que se acadou o número mínimo de participantes. Actualmente, o programa está activo nos seguintes espazos:

● Erviñou – Local Veciñal
● Portomeiro – Local Veciñal
● Portomouro – Colexio de Portomouro
● San Román – Local Veciñal
● Vilariño – Local Social
● Niveiro – Local Parroquial
● Coucieiro – Casa da Escola de Maxais
● Rial – Biblioteca de Rial
● Buxán – Local Parroquial

A concelleira de Servizos Sociais, Carmen Vilacoba, destacou que “‘Parroquias en Movemento’ é unha oportunidade para dinamizar a vida social das parroquias, crear puntos de encontro e contribuír á mellora do benestar físico e emocional dos veciños sen que teñan que desprazarse do seu lugar de residencia”.

O programa conta coa colaboración da Deputación da Coruña, que apoia esta iniciativa orientada á promoción da saúde e ao envellecemento activo no ámbito rural.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *