Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 julio, 2025
A piscina permanecerá pechada ata o luns, 21 de xullo, para realizar as reparacións do liner
Ames, 15 de xullo de 2025.- O Concello de Ames informa que, debido a unha incidencia provocada polo desprendemento do liner, a piscina municipal do Milladoiro deberá permanecer pechada ata o vindeiro luns, 21 de xullo.
Lamentamos as molestias que esta situación poida causar á veciñanza, especialmente durante o día de mañá, de altas temperaturas. Para paliar os efectos desta circunstancia, o Concello reforzará o servizo de transporte en autobús á praia fluvial de Tapia durante a xornada de mañá, facilitando así o acceso a espazos de lecer alternativos.
Por parte do Goberno vén de trasladarse o malestar á empresa polas continuas deficiencias da obra de arranxo da piscina e vaise a solicitar un informe técnico para depurar responsabilidades.
BUS DE TAPIA
O autobús sairá ás 15.30 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. O regreso será ás 20.00 horas coas mesmas paradas que no percorrido de ida.
Localización das paradas:
O Milladoiro: Parada do novo centro de saúde.
Bugallido: Ao carón da farmacia.
Ortoño/Agro do Muíño: Parada das Cortes.
Bertamiráns: Rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)