AD

Comarca

A piscina municipal cuberta de Arzúa reabre este luns tras importantes melloras

today5 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

As obras incluíron a renovación do chan de madeira do vaso, a reposición de paneis e o reforzo da fachada, ademais da impermeabilización e tratamentos protectores

A piscina municipal cuberta de Arzúa volverá estar dispoñible para a veciñanza a partir do luns 6 de outubro, unha vez finalizadas as actuacións de mellora realizadas nos últimos meses.

Os traballos supuxeron un investimento de máis de 150.000 euros, destinados ao barnizado e á renovación da madeira, así como á mellora do illamento das instalacións.

Entre as actuacións principais, renovouse o chan de madeira do vaso, tratáronse e substituíronse paneis do teito e das paredes, reforzouse a fachada con madeira nova, realizouse a impermeabilización exterior e aplicáronse tratamentos protectores para garantir a durabilidade e a seguridade das instalacións.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, subliñou: “Sabemos que aínda quedan melloras pendentes noutros espazos municipais, pero coa posta a punto da piscina damos un paso máis na dirección correcta: ofrecer instalacións coidadas, actualizadas e, sobre todo, útiles para a veciñanza.”

Tras a finalización destas obras, a veciñanza poderá volver desfrutar, desde este luns, da piscina municipal cuberta nunhas instalacións renovadas para a práctica deportiva e o lecer.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *