AD

Comarca

Pleno extraordinario en Teo para tratar a xestora de residuos da construción en Cacheiras

today9 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • A alcaldesa dará voz a un representante dos veciños que conforman a Plataforma -aínda que non está formalmente constituída- e informará aos presentes da realidade deste proxecto
  • A autorización deste proxecto é competencia exclusiva da Administración autonómica, onde o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante nin presentar alegacións á consulta realizada

Teo (A Coruña), 9 de abril de 2026.- O Concello de Teo convoca para esta tarde un Pleno extraordinario cuxo único punto do día será a xestora de residuos da construción na parroquia de Cacheiras. Desta forma, a alcaldesa dará voz a un representante dos veciños que conforman a Plataforma -aínda que non está formalmente constituída- e informará aos presentes da realidade deste proxecto.

Un proxecto que se basea nunha autorización autonómica, non municipal. Como xa se dixo noutra ocasión, o Goberno local non tivo ningunha potestade na autorización concedida á Xestora de Residuos inertes da Construción que se ubicará no lugar da Torre, parroquia de Cacheiras. Trátase dunha competencia exclusiva da Administración autonómica onde o Goberno local non pode emitir ningún tipo de informe vinculante nin presentar alegacións á consulta realizada.

De feito, o Goberno autonómico reclamoulle ao Concello un informe de viabilidade urbanística da parcela, o cal non foi emitido para ver se así daban por arquivado o expediente, tal e como especificaba a carta da Xunta de Galicia (documento anexo). Pero a Lei Galega do Solo, no seu artigo 35 “usos e actividades en solo rústico”, apartado “m”, estipula que se permitirán as instalacións e infraestruturas públicas ou privadas para a xestión e tratamento de residuos inertes en solo rústico. Esta empresa está precisamente en solo rústico, non en solo rural ou residencial como algúns dixeron. Polo tanto, a autorización é viable e o informe que debía emitir o Concello tería que ser favorable si ou si.

A pesar diso, o Goberno local mantivo unha xuntanza o 26 de febreiro cos veciños da Torre para informarlles do proceso e a situación actual, resolvendo as dúbidas por parte do arquitecto municipal. Alí se lles trasladou os pasos levados a cabo polo Concello e se lles dixo que sempre estiveron ao carón dos veciños. De feito, a alcaldesa reiterou no último Pleno ordinario que se fora por ela non se implantaría esta xestora nese núcleo, senón en solo industrial. Porén, tal e como lles dixo no seu día, os informes emitidos foron realizados por técnicos funcionarios que avalan a viabilidade deste proxecto en base á Lei Galega do Solo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *