Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 marzo, 2026
O Consello da Xunta aprobou este luns a actualización do Nomenclátor de Galicia, unha revisión profunda da toponimia oficial que supón a modificación de 2.530 denominacións tras analizar un total de 4.398 topónimos en todo o territorio galego.
Entre os cambios máis relevantes destacan os que afectan aos nomes de varios concellos, coa incorporación ou eliminación de artigos e a adaptación ás formas normalizadas en galego. Así, A Cañiza pasa a denominarse A Caniza, Porto do Son convértese en O Porto do Son, Castro Caldelas pasa a ser O Castro de Caldelas e Pastoriza perde o artigo para quedar en Pastoriza. Tamén se oficializan nomes como Cangas de Morrazo e Alfoz do Castrodouro, mentres que municipios como Cerdedo-Cotobade, Oza-Cesuras e Mondariz-Balneario eliminan o guión nas súas denominacións.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que esta actualización responde á necesidade de renovar o Nomenclátor vixente desde 2003. Segundo explicou, o proceso realizouse tras un estudo “amplo” da Real Academia Galega e foi consensuado cos distintos concellos implicados.
A revisión tamén incorpora 1.655 novos rexistros, na súa maioría correspondentes a pequenas aldeas e lugares que ata agora non figuraban oficialmente —moitos deles por non seren recollidos polo INE debido ao seu reducido tamaño ou poboación—. Pola contra, elimínanse arredor de 300 denominacións ao comprobarse que non eran entidades de poboación, senón nomes de rúas ou terreos.
Con esta actualización, o Nomenclátor de Galicia acada un total de 42.909 rexistros, reforzando a normalización e preservación da toponimia galega.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)