Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 enero, 2026
• O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, critica que “os nacionalistas miren cara outro lado, mentres os traballadores dos Centros Socioculturais pasaron o Nadal sen cobrar e xa se lle deben catro nóminas”.
• “Tanto a lei de contratos, -explicou- como os propios pregos posibilitan que o Concello reteña cantidades debidas ao contratista co fin de garantir o pagamento dos salarios dos traballadores”.
O Partido Popular de Santiago, a través do concelleiro José Ramón de la Fuente, acusou a ao goberno de BNG e CA de non vixiar adecuada e responsablemente a execución do contrato dos centros socioculturais, “polo que -insistiu-, nestes momentos, se lles debe aos traballadores catro nóminas, incluídas as de Nadal”.
“É de obrigado cumprimento que a empresa abone as nóminas dos seus traballadores e, de non ser así, pódense impoñer penalidades polo incumprimento da empresa adxudicataria en normativa en materia laboral, de seguridade social ou de prevención de riscos laborais, e en concreto, as obrigas económicas”, aclarou.
De la Fuente remarcou que “a empresa contratista xa avisou en febreiro de 2024 que non podía facer fronte ao incremento de gastos derivados da errónea configuración dos pregos, cuxa responsabilidade corresponde ao Concello e, incluso, chegou a solicitar a rescisión do contrato”.
“A realidade -subliñou o popular- é que o único que fixo o goberno nacionalista foi prorrogar varias veces, a costa dos dereitos dos propios traballadores, un contrato que sabía inviable, traballadores que levan case desde o inicio do contrato cobrando mal e arrastro e, agora, incluso se lles deben catro nóminas sen que o BNG e CA fixeran absolutamente nada por eles”.
O edil popular agregou que “o máis sangrante é que o goberno nacionalista ten mecanismos para intervir, posto que a Lei de contratos contempla esta posibilidade, co fin de que o órgano de contratación garanta o cobro das nóminas polos traballadores, pero o goberno local non quixo explorar estas posibilidades”.
“A Lei de Contratos contempla mecanismos suficientes para, unha vez acreditada a falta de pago dos salarios, o Concello busque e arbitre medidas para garantir o seu pagamento, puido e non quixo explorar esa posibilidade, terá que explicar aos traballadores porque”, insistiu.
José Ramón de la Fuente concretou que “está claro que o goberno de BNG e CA non só podería, senón que “debería” ter activados eses mecanismos legais para protexer os dereitos dos traballadores, pero só estivo preocupado por prorrogar os contratos e non foi quen de sacar a licitación antes de que remataran os contratos”.
“Dous anos e medio despois, o logro de BNG e CA é ter a unha empresa con orde de continuidade do servizo desaparecida, coa que ninguén pode contactar e cos traballadores sen cobrar dende hai 4 meses”, dixo.
Finalmente, o popular remarcou que, “a estas alturas, xa non sorprende a falta de xestión deste goberno incapaz e indolente, de todos é coñecida a súa ineptitude, pero o que si asombra é a falta de empatía deste suposto goberno de esquerdas cos traballadores, que sofren unha precariedade laboral evidente e que pasaron o Nadal sen cobrar, nada máis e nada menos, que cinco nóminas”
O Partido Popular de Santiago, a través do concelleiro José Ramón de la Fuente, acusou a ao goberno de BNG e CA de non vixiar adecuada e responsablemente a execución do contrato dos centros socioculturais, “polo que -insistiu-, nestes momentos, se lles debe aos traballadores catro nóminas, incluídas as de Nadal”.
“É de obrigado cumprimento que a empresa abone as nóminas dos seus traballadores e, de non ser así, pódense impoñer penalidades polo incumprimento da empresa adxudicataria en normativa en materia laboral, de seguridade social ou de prevención de riscos laborais, e en concreto, as obrigas económicas”, aclarou.
De la Fuente remarcou que “a empresa contratista xa avisou en febreiro de 2024 que non podía facer fronte ao incremento de gastos derivados da errónea configuración dos pregos, cuxa responsabilidade corresponde ao Concello e, incluso, chegou a solicitar a rescisión do contrato”.
“A realidade -subliñou o popular- é que o único que fixo o goberno nacionalista foi prorrogar varias veces, a costa dos dereitos dos propios traballadores, un contrato que sabía inviable, traballadores que levan case desde o inicio do contrato cobrando mal e arrastro e, agora, incluso se lles deben catro nóminas sen que o BNG e CA fixeran absolutamente nada por eles”.
O edil popular agregou que “o máis sangrante é que o goberno nacionalista ten mecanismos para intervir, posto que a Lei de contratos contempla esta posibilidade, co fin de que o órgano de contratación garanta o cobro das nóminas polos traballadores, pero o goberno local non quixo explorar estas posibilidades”.
“A Lei de Contratos contempla mecanismos suficientes para, unha vez acreditada a falta de pago dos salarios, o Concello busque e arbitre medidas para garantir o seu pagamento, puido e non quixo explorar esa posibilidade, terá que explicar aos traballadores porque”, insistiu.
José Ramón de la Fuente concretou que “está claro que o goberno de BNG e CA non só podería, senón que “debería” ter activados eses mecanismos legais para protexer os dereitos dos traballadores, pero só estivo preocupado por prorrogar os contratos e non foi quen de sacar a licitación antes de que remataran os contratos”.
“Dous anos e medio despois, o logro de BNG e CA é ter a unha empresa con orde de continuidade do servizo desaparecida, coa que ninguén pode contactar e cos traballadores sen cobrar dende hai 4 meses”, dixo.
Finalmente, o popular remarcou que, “a estas alturas, xa non sorprende a falta de xestión deste goberno incapaz e indolente, de todos é coñecida a súa ineptitude, pero o que si asombra é a falta de empatía deste suposto goberno de esquerdas cos traballadores, que sofren unha precariedade laboral evidente e que pasaron o Nadal sen cobrar, nada máis e nada menos, que cinco nóminas”.
Escrito por Líder Redacción
centros socioculturais partido popular Santiago de Compostela


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)