Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 noviembre, 2023
O Partido Popular de Santiago, a través da concelleira, Nerea Barcia, denuncia a falta de roza na maioría das zonas do rural compostelán por parte dos servizos do Concello. “Nos últimos meses, a capital de Galicia está padecendo un serio problema de limpeza, tanto nas zonas urbanas como no medio rural, polo que son numerosas as queixas dos veciños e veciñas que se levan rexistradas sobre este asunto”, subliñou.
Despois de que os populares preguntasen ao Goberno do BNG sobre o motivo polo que non se están a realizar estes traballos, as desculpas seguen chamando á atención, xa que, segundo o Goberno nacionalista, “se está a traballar e hai un contrato de servizos de roza, pero o crédito orzamentario xa se esgotou”,
Ante o desleixo do grupo de Goberno, Nerea Barcia solicitou o “suposto” calendario de rozas e o que recibiu foi unha “lista da compra”, xa que, na información aportada, só aparece unha relación de nomes de parroquias, que non especifica nada máis.
A concelleira popular, pregúntase “se realmente ese é o calendario de traballos, posto que non se sinalan nin os prazos, nin se xustifica o gasto da partida correspondente a estas tarefas”.
Cabe sinalar, que a falta de atención é moi evidente, simplemente con visitar as zonas do rural pódese contemplar como hai espazos cheos de maleza, beirarrúas intransitables e marquesiñas inutilizadas, ao estár cheas de herbas, “unha situación que representa un perigo para as persoas, a parte de ser unha contaminación visual do noso rural”, destacou a popular.
Desde o Partido Popular de Santiago, reclamámoslle aos nacionalistas que visiten máis o rural compostelán e atendan as petición da veciñanza, posto desde a última reunión mantida coa concelleira de Medio Rural, “nada sabemos do que está a contecer coas rozas e o mantemento do rural de Santiago”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)