AD

Destacado

Presentada unha moción de censura en Noia para quitar da alcaldía ao PP

today28 julio, 2025 1

Fondo
share close
AD

Noia, 28 de xullo de 2025 — Os grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Cidadá de Noia e o concelleiro non adscrito Luis Alamancos Pampín presentaron hoxe formalmente unha moción de censura contra o actual alcalde de Noia, D. José Santiago Freire Abeijón (PP), co obxectivo de restaurar a legalidade institucional, recuperar a confianza cidadá e impulsar unha xestión pública baseada na transparencia, a planificación e o ben común.

A moción conta co apoio de nove concelleiros, o que representa a maioría absoluta do pleno municipal, cumprindo así todos os requisitos legais establecidos na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG), conforme á recente Sentenza do Tribunal Constitucional 134/2025.

Unha decisión política motivada pola parálise e o abandono institucional.

Os promotores da moción salientan que esta decisión non responde a intereses partidistas, senón á necesidade urxente de corrixir un rumbo político esgotado e desconectado das necesidades reais da veciñanza. O goberno actual, liderado por Santiago Freire, afundiu Noia nunha situación de deterioro institucional que afecta directamente á calidade de vida dos seus habitantes:

Falta de transparencia e uso abusivo da contratación menor, que impide a concorrencia competitiva e compromete a legalidade na xestión dos recursos públicos.

Infraestruturas abandonadas ou sen uso efectivo, como o centro de Abruñeiras, o Albergue, a Praza de Abastos ou a piscina municipal.

Unha situación financeira crítica, con elevada débeda acumulada por prestamos, obrigas económicas coa Mancomunidade, conflitos laborais sen resolver con importantes cantidades pendentes de pago aos traballadores, e procedementos xudiciais abertos que poderían supoñer un desembolso superior aos cinco millóns de euros.

Inacción política en áreas clave como a igualdade, os servizos sociais, o acceso á vivenda ou o apoio ao tecido produtivo local.

Falta de proxectos de futuro e oportunidades perdidas, cunha xestión sen visión estratéxica nin capacidade de execución.

“A veciñanza de Noia merece un goberno que planifique, que renda contas, que poña os intereses colectivos por riba das inercias partidarias. A moción de censura é a única vía que nos queda para poñer fin á ineficacia e recuperar o rumbo institucional”, sinalan os asinantes do escrito.

Un candidato de consenso e vocación transformadora.
Como candidato á Alcaldía proponse Francisco Pérez Caamaño, concelleiro do PSdeG-PSOE, quen conta co apoio dos grupos impulsores e coa experiencia necesaria para liderar unha nova etapa baseada no diálogo, na transparencia e na acción pública efectiva. Pérez Caamaño comprométese a formar un goberno plural e estábel que afronte con responsabilidade os retos pendentes e reactive os servizos e proxectos prioritarios para o municipio.

Un compromiso democrático con Noia.
Os promotores da moción destacan tamén o seu compromiso firme co respecto ao procedemento legal, aos dereitos de todos os membros da Corporación e ao principio democrático que debe guiar a vida municipal. A moción non é unha ruptura, senón unha oportunidade de rexeneración política, baseada nun novo acordo para servir mellor aos intereses xerais da cidadanía.

“Esta moción de censura é un exercicio de responsabilidade política. Queremos devolverlle á xente de Noia un Concello á altura das súas aspiracións, e abrir un novo tempo de goberno útil, dialogante e con proxecto”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (1)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  1. Pilar García villar en 28 julio, 2025

    holaaa,desde q vivo en noia,poucas cousas se fixeron,sei como se manejan no concello,,,todos decides,,,prometo,prometo,pero no me comprometo,,,un saludo y el q mande q lo haga bien…noia somo todos…