AD

Comarca

Preséntase a XXIV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames e o campionato de España máster 5K

today9 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

O alcalde de Ames, Blas García, subliñou que “levamos xa 24 anos organizando esta carreira, que é das máis agardadas e concorridas da contorna. Para nós, neste tipo de actividades é máis importante a participación xeral e a promoción do deporte que os premios en metálico. O circuíto da proba, ademais de ser un dos máis rápidos de Galicia, é dos máis concorridos calquera día da semana. Moitos deportistas e atletas que compiten, adestran a diario no noso concello o que lle dá un enorme valor a este percorrido de Ames”

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou que “a carreira pedestre de Ames é unha das carreiras populares máis concorridas da nosa zona. Teremos percorridos de 5 e de 10 quilómetros e o prazo de inscrición está aberto ata o día 14 de outubro. Como todos os anos, hai opción de retirar os dorsais o día anterior, cousa que dicimos que é moito mellor, porque así o día da carreira xa estamos concentrados e centrados en facer a proba o mellor posible. Animo a todos aqueles atletas e persoas interesadas en participar e gozar deste fermoso circuíto”

Ames, 9 de outubro de 2025.- O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación da XXIV Carreira pedestre popular do Concello de Ames, que se vai a celebrar o domingo 19 de outubro en Bertamiráns e na súa contorna. A proba contará cun circuíto homologado pola Real Federación Española de Atletismo nas distancias de 5 e 10 quilómetros, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo. Paralelamente a esta competición celebrarase o campionato de España de 5 quilómetros en ruta máster. As inscricións hai que tramitalas en EMESPORTS e na RFEA. O prazo de inscrición está aberto ata o martes 14 de outubro, ás 23:59 horas. Na actualidade hai 430 deportistas inscritos na carreira pedestre e máis de 200 no campionato de España máster 5K. Premendo nesta ligazón pódese consultar o regulamento ao completo e os horarios da XXIV Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

O alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; o presidente da Federación Galega de Atletismo, membro da comisión delegada da Real Federación Española de Atletismo e técnico municipal, Iván Sanmartín; e mailo técnico municipal do departamento de Deportes, Alberto Viaño, participaron esta mañá no acto de presentación da XXIV Carreira pedestre popular do Concello de Ames, que se vai a celebra o domingo 19 de outubro en Bertamiráns e na súa contorna. Tamén acudiron representantes dos clubs de atletismo de Ames: José Fernando Sainz García, presidente do Club de atletismo Sar; Jose David Garcia Arcos, director deportivo do club Ames Atletismo; e Dalmiro Núñez, secretario do club de atletismo MillaRaio.

A proba pertence ao XI Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Paralelamente a esta competición celebrarase o campionato de España de 5 quilómetros en ruta máster. Contará cun circuíto urbano homologado pola Real Federación Española de Atletismo, nas distancias de 5 e 10 quilómetros, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Os e as participantes do Campionato de España deberán estar en posesión da licenza Nacional correspondente en vigor.

Presentación da carreira pedestre e do campionato de España máster 5K

O alcalde de Ames, Blas García, subliñou que “levamos xa 24 anos organizando esta carreira, que é das máis agardadas e concorridas da contorna. Para nós, neste tipo de actividades é máis importante a participación xeral e a promoción do deporte que os premios en metálico. O circuíto da proba, ademais de ser un dos máis rápidos de Galicia, é dos máis concorridos calquera día da semana. Moitos deportistas e atletas que compiten, adestran a diario no noso concello o que lle dá un enorme valor a este percorrido de Ames”.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou que “a carreira pedestre de Ames é unha das carreiras populares máis concorridas da nosa zona. Teremos percorridos de 5 e de 10 quilómetros e o prazo de inscrición está aberto ata o día 14 de outubro. Como todos os anos, hai opción de retirar os dorsais o día anterior, cousa que dicimos que é moito mellor, porque así o día da carreira xa estamos concentrados e centrados en facer a proba o mellor posible. Animo a todos aqueles atletas e persoas interesadas en participar e gozar deste fermoso circuíto”.

O presidente da Federación Galega de Atletismo, membro da comisión delegada da Real Federación Española de Atletismo e técnico municipal, Iván Sanmartín, puxo en valor que “este ano, por primeira vez, Ames acolle un campionato de España de atletismo en ruta. Penso que é un paso máis para esta gran proba deportiva que, para min, ten o circuíto máis rápido de Galicia. Seguramente, o vindeiro domingo caerá algún que outro récord, non só no campionato de España, senón tamén na proba popular. Veremos marcas moi relevantes, de feito, hai atletas do campionato máster que están correndo a tres minutos o quilómetro, sendo marcas estratosféricas. Ademais, estase a apuntar moita xente doutras localidades de España, polo que de seguro que teremos unha proba moi interesante”.

O técnico municipal de Deportes, Alberto Viaño, aclarou que “debido á celebración do campionato de España Máster 5K, tivemos que modificar un pouco os horarios con respecto a anos anteriores. Comezaremos ás 10.00 da mañá coa carreira pedestre, de 10 quilómetros, e meteremos nun tramo intermedio ás 11.30 horas, o campionato de España Máster 5K. Despois acabaremos coas probas escolares para os atletas máis novos, xa ás 12.30 horas”.

Inscricións na proba e retirada de dorsais

As inscricións da carreira popular en todas as súas categorías realizaranse a través da web de EMESPORTS cubrindo o correspondente formulario de inscrición. As inscricións do Campionato de España Máster realizaranse a través da web https://rfeacontent.es/callroom.html (ver circular do Campionato en www.rfea.es). O prazo de inscrición está aberto ata o martes 14 de outubro, ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o día da carreira. Na actualidade hai 430 deportistas inscritos na carreira pedestre e máis de 200 no campionato de España máster 5K.

As persoas que desexen participar na proba absoluta (de júnior a veterano/a) terán que aboar unha cota de 8 euros. A inscrición para as categorías escolares (de pitufo a xuvenil) é de balde. Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web. No momento da inscrición deberase acreditar a marca na distancia de 10 km en ruta (só en probas homologadas).

A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun dorsal-chip que se lle entregará a cada corredor/a. Os e as participantes que cheguen á meta sen este elemento ou que o leven colocado de xeito incorrecto descualificaranse automaticamente segundo criterio do xuíz árbitro da competición.

Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (praza do Concello número 2, en Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 18 de outubro en horario das 17:00 ás 20:00 horas) ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para evitar colas, recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.

Premios e trofeos

Recibirán un trofeo as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría establecida no regulamento e tamén as tres primeiras clasificadas da proba absoluta. Na proba absoluta recibirán un trofeo local as tres primeiras persoas clasificadas empadroadas no Concello de Ames. Ademais, a ganadora e o ganador locais, tanto feminino como masculino, obterán un abono trimestral no Centro Deportivo Municipal A Telleira de Bertamiráns.

Tamén recibirán un trofeo os tres primeiros clubs da carreira absoluta. Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor ou corredora poderá recibir dous trofeos (agás os premios aos/ás atletas locais). Non haberá premios nin trofeos para as crianzas participantes das categorías prebenxamín e pitufo. Nestas categorías entregaráselle unha medalla de chocolate a cada participante.

Haberá tamén premios en metálico. Na proba absoluta 10K o primeiro clasificado será galardoado con 250 euros, o segundo con 200 euros; o terceiro con 100 e o cuarto con 50 euros. Para os clubs federados da proba absoluta 10 K o primeiro premio será de 250 euros, o segundo de 175 euros; o terceiro de 100 e o cuarto de 75 euros.

A clasificación de clubs establecerase a través das 10 primeiras persoas clasificadas do club, sexan homes ou mulleres, mediante a suma dos seus postos. Os clubs deberán estar compostos, como mínimo, por 10 compoñentes que crucen a liña de meta e que teñan a licenza federativa en vigor.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *