AD

Actualidad

Preto de 400 maiores participan no xantar de confraternidade de San Xoán do Raio en Padrón

today7 mayo, 2024

Background
share close
AD
  • O santo saíu en procesión e a Coral Val do Sar cantou na misa solemne
  • A Tuna de Veteranos da Coruña ofreceu un aplaudido concerto no auditorio e tamén animou a sobremesa xunto co grupo Sabrosito
  • A orquestra Os Satélites puxo a música á verbena no campo do Souto

Padrón. 7-5-2024.- Padrón volveu honrar este 6 de maio ao seu patrón, San Xoán do Raio, coa tradicional procesión, música e o xantar de confraternidade de maiores. Os actos oficiais comezaban pouco antes do mediodía co traslado do santo dende a casa consistorial ata a igrexa parroquial, onde se celebrou a misa solemne cantada pola Coral Val do Sar.

O alcalde, Anxo Arca, presidiu a procesión, na que tamén participaron membros do goberno padronés, o alcalde de Dodro, Xabier Castro; os tenentes de alcalde de Rois Mercedes Basante e Manuel Cobas; e veciños e veciñas. A música da Asociación Cultural Rosalía de Castro acompañou a comitiva ata a igrexa parroquial e, ao rematar a misa solemne, de novo ata a casa consistorial.

A Tuna de Veteranos da Coruña ofreceu no auditorio municipal un animado concerto, moi aplaudido polo público asistente. Na entrada, as persoas asistentes puideron contemplar unha mostra dos traballos de bordado e ganchillo da Asociación de Mulleres Carballeira, de Extramundi.

Como xa é tradicional, a festividade de San Xoán do Raio, patrón de Padrón, coincide co xantar de confraternidade de maiores, que xuntou a preto de 400 persoas no Hotel Scala. Na sobremesa non faltou o sorteo de agasallos entre os asistentes e o baile, que estivo amenizado polo trío Sabrosito e, para alegría de moitos, tamén pola Tuna de Veteranos da Coruña.

A última hora da tarde, o baile trasladouse ao campo do Souto, onde moitas persoas acudiron a participar na verbena amenizada pola orquestra Os Satélites.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%