Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 enero, 2026
Tras pasar polo IES Luis Seoane de Pontevedra e polo CPI Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea (Ourense), Radio Líder emite este luns 26 de xaneiro a terceira edición do formato Fala que Fala desde o IES Francisco Daviña Rey, en Monforte de Lemos (Lugo).
O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, celebrarase de 10:00 a 12:00 horas cunha edición especial chea de música, humor, entrevistas, divertidos xogos e unha destacada participación do alumnado.
Durante dúas horas, o centro educativo converterase nun auténtico punto de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica e participativa que terá o galego como fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.
Ademais, a invitada de honra desta edición será a artista plástica Ana Isabel Álvarez Goyanes, natural de Pantón e cunha sólida traxectoria artística e docente, que compartirá coa comunidade educativa a súa experiencia creativa e o seu vínculo coa cultura e a lingua galega.
Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova.
O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.
Escrito por Líder Redacción
fala que fala ies franscisco daviña rey lingua galega lugo monforte de lemos programa


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)