Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 noviembre, 2023
29/11/2023.- Na reunión confirmouse a adhesión dos hostaleiros á campaña municipal ‘Fala Baixiño’ e a vontade conxunta das dúas partes para a creación dunha mesa que sirva de «canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría», como indicou a alcaldesa. Participaron na xuntanza a rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín; os/as concelleiros/as María Rozas, Míriam Louzao e Iago Lestegás; e os/as representantes das principais asociacións de hostalaría da cidade.
Tras o encontro, a rexedora congratulouse da boa acollida da proposta para establecer «unha canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría». «Presentamos un primeiro borrador do que podería ser unha proposta a respecto do funcionamento desa mesa de hostalaría que se vai estudar a partir das próximas semanas», engadiu.
A alcaldesa confirmou a participación do sector hostaleiro na campaña municipal ‘Fala Baixiño’ que busca «sensibilizar ao conxunto da poboación sobre a necesidade de facer puco ruído no exterior dos locais para garantir o descanso da veciñanza» e que será presentada este venres nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.
No tocante á instrución para garantir a seguridade e accesibilidade dos locais abertos ao públicos, Goretti Sanmartín tamén expresou o seu compromiso de «restrinxir esas inspeccións ao ámbito que marca a instrución», neste caso, o de prevención e evacuación de incendios, «algo que lle interesa tanto aos locais de hostalaría como o conxunto da poboación de Santiago».
Pola súa parte, o sector manifestou a súa «simpatía e colaboración» coa campaña Fala Baixiño para «traballar pola convivencia» e tamén ven con «bos ollos avanzar no diálogo fluído» co Concello de Santiago e comprometéronse a «estudar e matizar» a proposta presentada. Tamén se amosaron satisfeitos co compromiso do Concello de acotar as inspeccións ao ámbito da seguridade contra incendios.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)