AD

Actualidad

Recta final para a XXVI Festa da Troita en Sigueiro: consulta a programación

today3 mayo, 2024

Background
share close
AD

A XXVI Festa da Troita celebrarase os días 10, 11 e 12 de maio en Sigüeiro, no concello de Oroso. Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Os estudantes do IES de Oroso serán os encargados de dar o pregón da Festa que conta coa seguinte programación.

Venres 10 de maio dará comezo o Festival Oroso en Vivo coas actuacións do grupo Origen e da orquestra Kubo.

Sábado 11, ao longo do día celebrarase o Campeonato de Pesca de adultos e a Feira de Artesanía. Tamén haberá xogos de habilidade na Praza do Concello, degustación de troitas, actuacións da Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre e da Asociación Cultural Néboas do Cumio, e terá lugar o Festival Oroso en Vivo coas actuacións das formacións Tania Veiras e Olympus.

Domingo 12, na última xornada celebrarase o Campeonato de Pesca infantil e as asociacións folclóricas Buxos Verdes e Argalleiros animarán o pasacalles. Tamén haberá lectura do pregón, entrega de premios e Trofeos do Campionato de Pesca, xogos de habilidades e lóxica, un obradoiro de chaveira, animación coa charanga Km0, degustación de troitas e sesión vermú co grupo The Voice, na Alameda de Gois, e con DJ Javi Eiroa, na rúa Pablo Iglesias. Para rematar, na Alameda actuarán Dani Royo e a orquestra Los Satélites.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%