Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Rianxo anunciou cambios na programación da tradicional Cabalgata de Reis debido ás previsións meteorolóxicas adversas para esta fin de semana.
Este sábado, 4 de xaneiro, as Súas Maxestades visitarán os centros culturais das parroquias de Taragoña, Araño, Isorna, Leiro e Asados nos horarios previstos. O domingo 5, as actividades trasladaranse ao Pavillón Municipal José Manuel Abuín «Chema», onde se celebrará a recepción oficial dos Reis Magos e a ofrenda no Belén Vivinte.
Se o tempo mellora, está previsto un percorrido desde o Auditorio de Rianxo ás 18:00 horas, acompañado pola Banda de Gaitas Buxaina, os Cabezudos e a Charanga Vai de Roda. En caso de choiva, as Súas Maxestades dirixiranse directamente ao pavillón.
Como é tradición, repartiránse caramelos aptos para persoas con intolerancia ao glute e á lactosa. O Concello agradece a comprensión da veciñanza ante estes cambios.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)