AD

Comarca

Rianxo frea a perda de empresas dos sectores do comercio e da hostalaría

today19 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Rianxo vén experimentando nos últimos anos unha tendencia negativa en canto ao número de empresas dos sectores do comercio e da hostalaría radicadas no municipio. Porén, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, no ano 2024 o número de empresas destes sectores medrou lixeiramente, pasando das 248 rexistradas no ano 2023 a 251 rexistradas no 2024.

Se ben se trata dun incremento moi pequeno, resulta especialmente positivo dado que supón comezar a reverter a tendencia descentente rexistrada en exercicios anteriores. Dende o ano 2012 ao ano 2022 produciuse un descenso continuo de empresas dos sectores do comercio e da hostalaría, mentres que no ano 2024 a cifra de empresas rexistradas nestes sectores aumentou respecto a anualidade anterior.

Para o alcalde, Julián Bustelo, “queda aínda moito que facer e seguiremos traballando para recuperar os niveis de anos anteriores”. “Un pobo cun comercio e unha hostalaría forte é un pobo con vida”, destacou Bustelo, o cal puxo en valor medidas levadas a cabo ultimamente como a creación dunha liña de axudas directas ás asociacións de empresarios e comerciantes para a dinamización comercial de Rianxo. “Estas asociacións fan un traballo inmenso ao longo do ano promocionando o noso comercio e achegando aos veciños e veciñas ao comercio local, quixemos axudalas a seguir traballando e por iso blindamos nos orzamentos unha liña de axudas para apoiar as súas iniciativas”, engadiu Bustelo.

“Ademais desta liña de axudas que implantamos no ano 2024, estamos traballando nunha nova liña de axudas para apoiar aquelas persoas emprendedoras que aposten por Rianxo para botar a andar unha empresa”, sinalou o alcalde.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *