AD

Comarca

Rianxo pechará o 2025 con máis de 1,5 millóns de euros en obras licitadas e executadas

today8 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Rianxo culminará o ano 2025 con máis de 1,5 millóns de euros en obras licitadas e executadas, o que supón un importante esforzo investidor que, sumado ao do exercicio anterior, sitúa o investimento total desta lexislatura por enriba dos 3 millóns de euros.

Entre os proxectos xa executados ou en marcha destacan:

A ampliación das redes de saneamento e abastecemento en Meiquiz e Or (Leiro), cun orzamento de 208.785,50 €.

A renovación completa do firme do vial de acceso ao Montiño dende a DP-7203 (Taragoña), por 102.952,85 €.

A ampliación da rede municipal de abastecemento entre Corques e Outeiro (Taragoña), con 90.713,70 €.

A segunda fase da dotación de redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados), cun investimento de 194.386,50 €.

A ampliación das redes en Villanustre (Asados), tamén con 194.386,50 €.

A mellora do sistema de iluminación do parque empresarial de Rianxo (39.862,40 €).

A renovación e mellora enerxética do campo de fútbol municipal da Lomba (59.971,84 €).

O proxecto de eficiencia enerxética no edificio dos Servizos Sociais (66.235,40 €).

A mellora da accesibilidade e renovación de instalacións no Cuartel Vello de Rianxo (48.236,65 €).

Ademais, o Concello destinou 300.000 euros ao asfaltado de distintos viais municipais.

A estes investimentos sumaranse nas próximas semanas dous proxectos de relevo: o cambio da totalidade das luminarias do paseo marítimo, cun orzamento de 80.000 €, e a mellora da iluminación en todo o núcleo urbano, cun investimento de 547.364,30 €.

Estas actuacións consolidan a aposta do goberno local por mellorar as infraestruturas, a eficiencia enerxética e a calidade de vida nos diferentes núcleos do municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *