Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 noviembre, 2024
As solicitudes poderán presentaranse ata o sábado 30 de novembro
Rois. 18-11-2024. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado venres 15 de novembro a convocatoria de subvencións do Concello de Rois para o ano 2024 destinadas a asociacións culturais, deportivas, veciñais e educativas con fins de reinserción social. Estas axudas teñen como fin suplir ou complementar as competencias do Concello ou contribuír ao fomento dos intereses veciñais.
Poderán beneficiarse das achegas todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro que estean inscritas como tales no rexistro municipal e que estean ao corrente nos seus deberes contributivos, ademais de ter xustificado o gasto de anteriores subvencións.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ata o sábado 30 de novembro (incluído). Será necesario cubrir o formulario correspondente e presentar tamén os anexos de xustificación da axuda solicitada.
As bases, o formulario de solicitude e os anexos de xustificación poden descargarse nos arquivos adxuntos. Tamén quedan a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais. Para resolver calquera dúbida ou solicitar máis información, poden dirixirse ao teléfono do Concello 981 804 109, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.
O BOP do 15 de novembro coa convocatoria pódese consultar a través da páxina web do Concello de Rois.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)