AD

Actualidad

Rois aproba un orzamento de 4,7 millóns para 2024, o máis alto da súa historia

today9 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • Aumenta o gasto en inversións polos 100.000 euros da aportación municipal ás obras do PAI de Urdilde e da nova gardería de Rois
  • Consígnanse 45.000 euros para o acondicionamento da piscina de Senra e o pavillón de Urdilde
  • Increméntase o gasto en actividades para persoas maiores e actividades de conciliación polo maior número de usuarios
  • Para facer fronte ao pago dos servizos postos en marcha e dos ben correntes resérvanse 2,7 millóns de euros
  • A Xunta aumenta a subvencións para o SAF e os programas de prevención de incendios

Rois. 8-3-2024. O Concello de Rois aprobou esta tarde un orzamento municipal para 2024 de 4,728 millóns de euros, o maior da súa historia. A principal partida de gastos destínase a manter os servizos á cidadanía, para o que se reservan 2,73 millóns de euros, e outros 642.882 euros son para investimentos reais. No capítulo de ingresos, as transferencias correntes procedentes doutras administración ascenden a 2,575 millóns de euros.

Os orzamentos foron aprobados na sesión ordinaria do Pleno celebrado esta tarde cos 8 votos a favor do equipo de goberno do PP e a abstención do PSdeG (2).

O alcalde, Ramón Tojo, resaltou o incremento do gasto en investimentos reais con respecto ao ano pasado. Parte deste aumento está motivado polos 100.000 euros que aportará o Concello para executar as obras de acondicionamento do PAI de Urdilde e da nova gardería municipal de Rois. Outros 45.000 euros están consignados para a mellora da piscina de Senra e para o pavillón de Urdilde. Neste apartado, o portavoz socialista, Manuel Regueira, solicitou información sobre algúns aspectos

Polo que respecta aos gastos en ben correntes e para afrontar os servizos que se prestan á cidadanía, o alcalde sinalou que esta partida aumentaba polo incremento do custo de todos os servizos en xeral  e tamén polo o aumento no número de usuarios nas actividades dirixidas ás persoas maiores e para facilitar a conciliación.

Os gastos de persoal ascenden a 1,168 millóns de euros e as transferencias correntes, 180.100 euros.

No capítulo de ingresos, na partida de transferencias doutras administracións,  Tojo Lens resaltou o incremento da subvención que vai recibir o Concello da Xunta de Galicia para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e os traballos preventivos contra os incendios. Dende o grupo socialista volveron preguntar cando se sacará a licitación o SAF, respondéndolle o alcalde que os técnicos están traballando para sacalo canto antes.

Ademais das transferencias correntes (2,575 millóns), o Concello de Rois prevé ingresar 915 euros de impostos directos, 230.000 de impostos indirectos e 741.868 de taxas e outros. As transferencias de capital ascenden a 265.254 euros.

A conta xeral de 2022 foi aprobada por unanimidade nesta sesión.

No apartado de rogos e preguntas, Manuel Regueira (PSdeG) solicitou melloras no camiño de Ferreiros e na estrada de Leroño, e quixo saber por que non está en marcha o servizo de madrugadores nos colexios públicos do municipio. A concelleira de Cultura, Victoria Quiroga, respóndeulle que, ata o momento, hai moi poucas familias que solicitan este servizo, polo que ata o momento o Concello non o puxo en marcha.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%