Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Rois. 21-1-2025. O Concello de Rois transmitiu os seus parabéns a María Cruces Vilas, veciña de Carrais, Herbogo, que este luns 20 de xaneiro celebrou o seu 100º aniversario rodeada da súa familia.
Con motivo desta destacada efeméride, o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, e a concelleira de Cultura, Educación e Lingua, Victoria Quiroga Ramallo, visitaron a María no seu fogar para trasladarlle os parabéns en nome de todo o municipio. Durante a visita, fixéronlle entrega dun peregrino, unha felicitación institucional e un fermoso ramo de flores como mostra de recoñecemento e afecto.
María Cruces Vilas, que naceu en Bralo, Augasantas, o 20 de xaneiro de 1925, é a maior de sete irmáns. Na actualidade, vive en Carrais, Herbogo, onde casou e creou unha familia composta por 4 fillos, 7 netos e 7 bisnetos. Ao longo da súa vida, dedicouse ás labores do campo, da casa e ao coidado da súa familia, converténdose nun exemplo de dedicación e esforzo.
No encontro, a homenaxeada estivo acompañada pola súa irmá máis nova, Asunción, e outros membros da familia, que compartiron un momento entrañable con esta muller centenaria.
Desde o Concello de Rois, destacamos a importancia de celebrar estas datas tan especiais, que representan a memoria viva da nosa comunidade.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)