Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023. “A actitude do señor Verea é dunha completa falta de lealdade cos contribuíntes de Santigo” denuncian desde o grupo socialista, en relación ao aparcadoiro alternativo que propuxo a Xunta coa condición de que o Concello aporte 4,2 millóns de euros para a súa construción. Critica Mercedes Rosón que Verea se poña ao carón da administración autonómica nesta solicitude “en lugar de demandar que sexa o goberno galego quen financie a construción dun aparcadoiro “nunha parcela que é da Xunta”.
Explica a edil socialista que o aparcadoiro daría servizo aos “450.000 galegos e galegas que son usuarios do CHUS” e non “aos veciños de Santiago que son a minoría”, xa que supoñen tan só o 22% da área sanitaria á que da servizo o Clínico. Denuncia que o que defende o portavoz dos populares é “que o Concello actúe cos fondos que aportan os veciños de Santiago, ante a deixadez da Xunta”.
“O que fai o señor Verea é poñerse en contra da cidade para respaldar o seu partido” critica Rosón que insiste en que se trata dunha cuestión de “lealdade”, recordándolle que “foi elixido para representar á veciñanza de Santiago e defender os seus intereses, non para seguir funcionando de portavoz da Xunta de Galicia do Partido Popular”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)