AD

Actualidad

Rosón defende a non reconversión “masiva” dos baixos comerciais en “vivendas de segunda”

today24 marzo, 2025

Fondo
share close
AD
  • A edil socialista cuestiona que a Xunta de Galicia incluíra na lei de acompañamento dos orzamentos unha disposición para desregularizar esta cuestión e permitir unha conversión xeneralizada dos baixos en vivenda
  • “Non pode ser que o PP, que leva 16 anos sen facer política de vivenda, agora pise o acelerón pasando por enriba das competencias urbanísticas dos Concellos”, afirma

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025.- O Grupo Municipal Socialista apoiará o rexeitamento desde Raxoi a implantar o cambio de uso dos locais comerciais a vivenda en diferentes ámbitos da cidade como propuña a Lei de acompañamento dosorzamentos da Xunta de Galicia. Unha medida que, segundo os socialistas, sería insostible en barrios como Ensanche ou Conxo e que, ademais, remataría por xerar “novas vivendas en malas condicións e especulación”, toda vez que nesa modificación impulsada polo goberno do Partido Popular se reduce tamén os requisitos de habitabilidade para acceder a esa conversión.

Mercedes Rosón criticou neste sentido que a Xunta do Partido Popular “que leva 16 anos sen facer política de vivenda, pise agora o acelerón para dar a entender que algo fai” e que, para iso, “pase por enriba das competencias urbanísticas dos Concellos”. A edil socialista lembra que en Compostela xa existen ámbitos nos que se pode facer vivenda en baixos como en Vite, Vista Alegre, en parte do Restollan ou no barrio de Fontiñas.

“Hai zonas nas que xa se permite o uso residencial nos baixos” recalca Rosón que, explica, esa licencia está sustentada no Plan Xeral aprobado no 2008 e ratificado na revisión dos usos que se realizou no 2023, un estudo que fora encargado a propósito da modificación do PXOM que se acometeu neses anos para regular as vivendas de uso turístico.

“Hai zonas nas que é viable e recomendable que se empreguen os baixos para vivenda, e aí xa se fai, e hai outros nos que non é sostible” insiste a que fóra responsable de Urbanismo durante o mandato socialista. Rosón que pon o exemplo de Conxo como unha desas zonas nas que sería contraproducente permitir unha conversión masiva de baixos en vivenda, toda vez que se están a impulsar novas promocións, como as que hai en marcha en Romero Donallo, que “suporán un incremento de poboación e, consecuentemente, un incremento da demanda de servizos”. Un motivo polo que, “se pensamos a longo prazo, non se pode permitir a retirada de baixos comerciais ao uso residencial”.

Vivendas de segunda

Mercedes Rosón criticou ademais que, no artigo 76 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, no que aparece recollido este cambio de uso de locais a vivenda, tamén se contempla unha redución dos requisitos de habitabilidade deses baixos que poderían ser susceptibles de converterse en vivenda. Unha cuestión que, a ollos da edil socialista, podería xerar “novas vivendas en malas condicións e especulación”.

A edil socialista que carga ademais contra o goberno galego por impulsar unha regulación neste sentido, “entremeténdose nas competencias urbanísticas do Concello” mentres “non fan nada para intervir no parque de vivenda baleira”. Lembra que os socialistas levan anos reclamando que o executivo de Alfonso Rueda defina por lei o que é vivenda baleira “para poder intervir nas máis de 5.000 que hai en Compostela”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *