AD

Actualidad

San Xoán de Calo: cinco días de troula con París de Noia, Olympus e a “Festa do Colesterol”

today20 junio, 2025

Fondo
share close
AD

Borja Otero, presidente da comisión de festas de Calo, destaca o traballo durante todo o ano para organizar unhas celebracións cheas de música, gastronomía e tradición.

Do 22 ao 26 de xuño, a parroquia de Calo, no concello de Teo, converterase nun punto neurálxico da festa galega coa celebración das tradicionais Festas de San Xoán. A programación deste ano inclúe novidades como a “Primeira Festa do Colesterol”, a tradicional queima da cabra vella e unha destacada lista de actuacións musicais encabezadas por París de Noia, Olympus, Tania Veiras ou DJ Sonic. A entrevista con Borja Otero en Radio Líder Santiago revelou non só o cartel senón tamén o esforzo humano que hai detrás.

“Traballamos todo o ano. Cando remata unha festa, xa comezamos coa seguinte”, confesou Otero. A implicación veciñal é clave: “Na comisión somos poucos, pero temos moita xente que colabora. Sen a xente isto non sería posible”. O financiamento vén da venda de rifas, lotarías e achegas das casas e empresas locais. “Hai máis de cen empresas colaboradoras. Sen elas, isto non se podería facer”, explicou mentres amosaba o libro das festas.

O domingo 22 abrirá a programación cunha sesión vermú e a peculiar “Festa do Colesterol”, con patacas, ovos e chourizo frito. O 23 celebrarase a noite máis máxica coa sardiñada popular e queima da cabra vella. O día 24 destaca pola actuación de Tania Veiras e a orquestra Finisterre, e o 25 traerá ao escenario a orquestra Olympus e DJ Sony. Para pechar, o xoves 26, actuarán MegaCDC con Martín Díaz e París de Noia.

Borja tamén fixo un chamamento á responsabilidade: “Temos radiotaxi dispoñible. Se tomas unha ou dúas copas, é mellor coller un taxi. Queremos festas seguras para todos”. A previsión meteorolóxica, di, “vai ser boa, non vai chover”. E engade, con orgullo: “Estas festas son historia viva do pobo”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *