Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 diciembre, 2025
• O alcalde Ramón Tojo entregoulle un ramo de flores, un doce e unha felicitación institucional como agasallo
Rois. 30-12-2025. O alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitou hoxe á veciña de Moares, na parroquia de Ermedelo, Serafina Barbazán Neo, con motivo da celebración do seu 104 aniversario, nunha xornada marcada pola emoción e o agarimo familiar.
Durante a visita, Serafina estivo rodeada dos seus familiares, compartindo un día moi especial no que non faltaron as mostras de cariño. O alcalde quixo trasladarlle persoalmente a felicitación do Concello de Rois, facéndolle entrega dun ramo de flores, un doce e unha felicitación institucional, como recoñecemento a unha vida longa e exemplo de fortaleza.
Desde o Concello destacouse a importancia de acompañar e recoñecer ás persoas maiores do municipio, que representan a memoria viva da historia local e un referente para as novas xeracións.
O Concello de Rois quere trasladarlle publicamente a Serafina Barbazán Neo os seus máis sinceros parabéns, desexándolle moita saúde e benestar, así como agradecerlle o exemplo de vida que supón para toda a veciñanza.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)