AD

Actualidad

Serafina Barbazán, veciña de Rois, celebra os seus 103 anos

today30 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Serafina Barbazán Neo, veciña da parroquia de Moares (Ermedelo), celebrou este luns, 30 de decembro, os seus 103 anos de vida nunha xornada marcada pola presenza da súa familia e a visita especial do alcalde de Rois, Ramón Tojo.

Durante o encontro, o rexedor entregoulle un ramo de flores, unha medalla do Concello e unha emotiva felicitación en nome de toda a corporación municipal e da veciñanza de Rois. Como en anos anteriores, Serafina compartiu co alcalde algúns recordos das súas vivencias, demostrando unha vez máis que mantén unha saúde de ferro.

Unha vida longa e chea de experiencias que seguen a ser motivo de orgullo para a súa familia e para toda a comunidade roisense.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *