Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 marzo, 2025
Os atranques dos Xenerais da Ulla terán lugar baixo carpa no campo da festa a partir das 20:00 horas
Sergude celebra hoxe domingo 2 de marzo a súa festa de Entroido, que inclúe a partir das 20:00 horas un dos famosos Atranques dos Xenerais da Ulla, festa declarada de interese turístico de Galicia. A festa dará comezo ás 10:00 horas coa saída do campo da festa dos Xenerais, Correos e Coros, que percorrerán esta parroquia de Boqueixón acompañados da música do grupo local Son de Gaita.
Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 20:00 horas actuarán os Coros de Entroido, acompañados novamente por Son de Gaita. A iso das 20:00 horas está previsto que se realicen os Atranques dos Xenerais da Ulla, que escenificarán os seus tradicionais enfrontamentos dialécticos por parellas nos que farán sátira de asuntos locais, de política ou do corazón acontecidos durante o ano. Ao rematar os atranques sortearse a carretilla do Entroido e Óbice Capital porá o fin de festa.
Dende a Comisión de Festas de Deseiro de Abaixo confirman que haberá un amplo aparcadoiro gratuíto a carón do campo da festa, onde haberá unha carpa, se ben as últimas previsións de Meteogalicia indican que será unha tarde sen chuvia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)