AD

Comarca

Sete persoas intoxicadas en Melide por queimar madeira con verniz nunha cociña de leña

today1 enero, 2026

Fondo
share close
AD

Os bombeiros sospeitan do tipo de leña empregado para alimentar unha cociña de leña.

Os feitos ocorreron nun domicilio da Rúa Campo Grande, en Melide. Contra a unha desta tarde, un equipo médico trasladouse a vivenda do número 38 para valorar a sete persoas que presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono.

Dos sete afectados, tres tiveron que ser trasladados ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde de Melide, mentres que as outras catro persoas acudiron polos seus propios medios.

O aviso chegou ao 112 Galicia mediante o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Deste xeito, foron avisados os Bombeiros de Arzúa para realizar as comprobacións necesarias.

Tomaron mostras tanto na planta baixa como na alta da vivenda, pero as medicións resultaron negativas. Non obstante, os bombeiros sospeitan do tipo de leña empregado para alimentar unha cociña de leña. Probablemente, a madeira estivera tratada con verniz, que, ao entrar en combustión liberou o monóxido de carbono.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *