AD

Destacado

Sindo Guinarte: «Sanmartín actúa como unha militante do BNG e non como unha alcaldesa»

today14 julio, 2025

Fondo
share close
AD
  • O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, lembra que a rexedora representa á totalidade da cidadanía compostelá e non só ao seu partido, e esixe que actúe con responsabilidade institucional.
  • O PSdeG-PSOE cualifica a súa postura como “inadmisible” e reclama que exerza o cargo con respecto á institucionalidade e altura de miras.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista do PSdeG-PSOE no Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, amosou a súa preocupación ante a información publicada nos medios de comunicación pola que a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, non asistirá ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Princesa de Asturias, previsto para hoxe luns.

Guinarte advirte de que “a que parece vai a ser a ausencia, unha vez máis, da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín nun acto institucional este luns” sinala que “non é un comportamento propio da alcaldesa da nosa cidade que representa a toda Corporación Municipal e que representa o conxunto da cidadanía de Santiago de Compostela”, que lembrou que a rexedora “representa o conxunto da cidadanía de Santiago de Compostela”.

Desde o Grupo Municipal Socialista consideran que a decisión de Sanmartín “máis ben parece un acto propio dun militante ou dunha militante do BNG e de quen van facer un escrache á porta de Raxoi”.

Neste sentido, o PSdeG-PSOE insiste en que “a alcaldesa de Santiago é alcaldesa de todas e todos e ten que comportarse como alcaldesa estea ou non de acordo cos actos institucionais que se levan a cabo” xa que segundo Guinarte “eso é o que significa a institucionalidade, a representación máis alá da propia ideoloxía política nun momento dado”.

A formación socialista considera inaceptable que Sanmartín eluda a súa responsabilidade institucional, lembrando que “non representa ao seu partido político e é nese sentido un comportamento inaceptable”, polo que segundo as e os socialistas debe actuar con respecto e altura de miras en actos que non son de partido, senón da institución e esixen á alcaldesa que reconsidere a súa postura e cumpra co que se espera dunha representante pública no máis alto cargo da cidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *