O Concello de Santiago súmase ás reivindicacións do 25N
O Concello de Santiago súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres hoxe, 25 de novembro, coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha declaración institucional que reivindica as políticas públicas centradas na prevención e erradicación da violencia de xénero. O acto contou coa participación de alumnas dos institutos de Sar e Antón Fraguas. Con motivo do 25N, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes de todos os grupos municipais […]