Estudantes do Colexio Galaxia de Ribeira reinterpretan A Última Cea
O alumnado de 2º de Bacharelato do Colexio Galaxia de Ribeira protagonizou unha emotiva iniciativa artístico-educativa reinterpretando unha das obras máis emblemáticas da historia da arte: A Última Cea, de Leonardo da Vinci. A proposta naceu coa intención de converter o remate desta etapa académica nun recordo inesquecible para os estudantes, empregando a arte como vehículo de expresión emocional e de unión entre alumnado e profesorado. A montaxe consistiu na recreación da célebre escena incorporando aos propios alumnos e alumnas […]