Rianxo avanza na eficiencia do gasto municipal cun aforro de 100.000 euros na factura eléctrica
O Concello de Rianxo vai licitar o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais, unha actuación que permitirá ao Concello regularizar a situación actual do servizo e a través da cal se prevé reducir en aproximadamente 100.000 euros o gasto anual en electricidade. O contrato, tramitado a través do Acordo Marco da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), terá unha duración inicial dun ano e un custo de 514.821,65 euros (IVE incluído). A […]