Brión inviste máis de 4 millóns de euros en obras: «Cambiaremos a luces LED todo o municipio»
O alcalde Pablo Lago fai balance nunha entrevista radiofónica do ambicioso plan de obras, investimentos e melloras educativas e medioambientais, que avanzan “paso a paso, con humildade, pero con firmeza”. O concello de Brión vive unha etapa de forte actividade inversora, a pesar das limitacións orzamentarias. Así o explicou o seu alcalde, Pablo Lago, nunha entrevista en Radio Líder Santiago, onde debullou con detalle os principais proxectos en marcha e a visión de futuro para un municipio de pouco máis […]