AD

ames

403 Resultados / Página 20 de 45

Fondo
AD

Comarca

Todo preparado no Milladoiro para acoller o foro sobre saúde mental

A apertura do foro será ás 11.00 horas a cargo do alcalde de Ames, Blas García; da concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, e de Belén Montesa e Juan Carlos Permuy, psicóloga/o e coordinadores de programas de CoidadosAmente Haberá unha mesa sobre “A importancia da implicación municipal na saúde mental” na que participarán as alcaldesas de Silleda, Paula Fernández; de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; e da Coruña, Inés Rey Tamén haberá unha mesa redonda sobre “Saúde mental e […]

today2 diciembre, 2024

Actualidad

A peza teatral “Testosterona” pecha este venres a programación de artes escénicas de Ames

O Concello de Ames pecha a súa programación teatral deste ano coa representación da obra “Testosterona” este venres 29 de novembro ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns A peza propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade no ámbito laboral por motivos de sexo No primeiro semestre do ano asistiron máis de 1.877 persoas aos espectáculos de teatro e danza ofertados polo Concello entre os meses de xaneiro e maio Ames, 27 de novembro de 2024.- […]

today27 noviembre, 2024

Comarca

500 persoas asistiron en Ames aos concertos da semana da música pola Santa Icía

O Concello de Ames desenvolveu esta semana pasada as actividades culturais programadas na honra de Santa Icía, ás que asistiron arredor de 500 persoas ao longo de todas as xornadas A programación estivo integrada por talentos musicais consolidados no noso municipio, como Luis Fercán ou Héctor Rial, e figuras locais e emerxentes como as diferentes agrupacións municipais amesás Ames, 26 de novembro de 2024.- O Concello de Ames, a través do seu departamento de Cultura, desenvolveu esta pasada semana as […]

today26 noviembre, 2024

Comarca

Ames chama á colaboración veciñal para a detección de pozos sen rexistrar, cubrir ou en mal estado

Ames apela á responsabilidade dos propietarios para rexistrar, tapar e sinalizar os pozos en situación irregular O Concello de Ames fará unha revisión das parcelas municipais por si puidese existir un pozo algún pozo sen rexistrar e/ou en mal estado Ames, 25 de novembro de 2024.- O Concello de Ames fai un chamamento á colaboración veciñal para a detección de pozos sen rexistrar, cubrir ou en mal estado. Se tes coñecemento de algún ou queres informarte para o rexistro dalgún […]

today25 noviembre, 2024

Comarca

Cancelada a segunda xornada da Feira do Monte por motivos meteorolóxicos

O Concello de Ames vese na obriga de cancelar a segunda xornada da Feira do Monte que iba ter lugar no campo da festa de Trasmonte hoxe, domingo 24 de novembro. Os fortes ventos unidos á previsión meteorolóxica para o día hoxe fan imposble o normal desenvolvemento do evento. Durante a semana próxima anunciarase unha nova data para a entrega de premios do concurso Enfocames, que iba ter lugar en Trasmonte durante o día de hoxe.

today24 noviembre, 2024

Comarca

O alumnado do obradoiro Renova VI instalou paneis solares na depuradora de Sisalde

A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, destacou que “os obradoiros de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolven un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade” O alcalde de Ames, Blas García, dixo “quero poñer en valor o traballo que fai a Xunta de Galicia con estes obradoiro de emprego e tamén cos programas integrados, […]

today21 noviembre, 2024

Comarca

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá do 4 ao 8 de decembro a Mostra de Teatro Afeccionado

O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou o compromiso do Concello en apoiar a cultura e a lingua galega, a través da gran oferta cultural que programa o Concello. “Dende o Concello apostamos polo teatro coa Escola Municipal de Teatro e coa celebración desta mostra. Queremos apostar polo noso teatro, por ese teatro máis próximo, por iso apostamos por recuperar esta mostra de teatro afeccionado” A técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, explicou os motivos […]

today21 noviembre, 2024

Comarca

Este mércores comeza en Ames a semana da música pola Santa Icía

O Concello de Ames lanza un novo programa cultural para este mes de novembro: unha programación que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza relacionados coa celebración da patroa dos músicos Do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. O xoves 21, ás 20:30 horas, o músico Luis Fercán chegará coa súa xira “Postales perdidas” á Casa da Cultura de Bertamiráns A primeira cita do programa será mañá na Casa da Cultura do […]

today19 noviembre, 2024

Comarca

Ames aproba por unanimidade a 12ª modificación da relación de postos de traballo do Concello

Hoxe pola mañá celebrouse un pleno extraordinario no que a Corporación municipal aprobou de xeito inicial e por unanimidade a décimo segunda modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames. Tamén se aprobou de xeito inicial e por unanimidade a modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación Previamente, a modificación da RPT foi aprobada por unanimidade de todas as seccións sindicais na Mesa […]

today18 noviembre, 2024

AD