AD

ames

403 Resultados / Página 21 de 45

Fondo
AD

Comarca

Ames organiza un curso de formación en igualdade para mocidade e familias

Trátase dun curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina Está dirixido a mozos/as, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre (monitores/as de actividades de tempo libre en centros escolares, coidadores/as, educadores/as, mestres/as, etc) Ames, 18 de novembro de 2024.- O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a […]

today18 noviembre, 2024

Comarca

Máis dun milleiro de persoas desfrutaron en Ames do VII certame Cinema Miúdo

En total, entre o 14 e o 17 de novembro, Cinema Miúdo contou con máis de mil asistentes, dos que 450 foron público escolar de primaria e secundaria Ademais de gozar das proxeccións, os asistentes puideron participar en talleres de fotografía analóxica, asistir a actuacións musicais e descubrir as orixes do cinema en seccións especiais dedicadas aos pioneiros da animación e a comedia Os premios do xurado estiveron dotados con 500 € e os do público con 200 €, ademais […]

today18 noviembre, 2024

Comarca

Ames lanza unha nova campaña de tarxetas desconto “Bonos Consuma”

O alcalde, Blas García, destacou “un ano máis, quero poñer en valor a importancia destes bonos, porque foron creados non só para incentivar e axudar ao comercio, senón tamén para axudar á veciñanza a aforrar nas súas compras. O volume de negocio da pasada campaña foi de 260.000 euros en menos dun mes, unha cantidade importante a ter en conta que esperamos acadar e mesmo superar na edición deste ano” A concelleira de promoción Económicas, Ana Belén Paz, explicou que […]

today14 noviembre, 2024

Comarca

Vandalizan a pantalla da casa consistorial de Ames

O alcalde, que só recibiu a condena do acto por parte da voceira municipal popular, bota de menos un rexeitamento unánime por parte de todos os grupos da corporación Marta Gontá, presidenta e voceira da Plataforma Ulloa Viva,  púxose en contacto esta mesma mañá co alcalde para mostrar o seu rexeitamento cara este tipo de actuacións Ames, 13 de novembro de 2024.- Durante a madrugada do pasado 12 de novembro, a pantalla led que está instalada na fachada da Casa […]

today13 noviembre, 2024

Comarca

O partido solidario entre Bertamiráns e Bastavales recada 1.600 € en favor de SOGAPS

A representante na comarca de SOGAPS, Esther Ybarra, agradeceu “ao Concello de Ames e ao Bertamiráns FC a colaboración para poder realizar esta iniciativa marabillosa que tivo un gran éxito. Sabemos as dificultades polas que pasan os clubs, e non é doado ceder unha taquilla enteira dun partido importante como foi a deste domingo”. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, dixo “dende o Concello mantemos unha estreira relación con SOGAPS e neste caso colaboramos nesta iniciativa porque todo o recadado […]

today11 noviembre, 2024

Comarca

Ames demanda á Xunta que atenda as necesidades sobre o transporte no rural do concello

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o inicio de expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar; o inicio do expediente de liquidación do contrato de concesión para a xestión do servizo publico do ciclo integral da auga asinado con Espina & Delfin SL; a elección de xuíz/a de paz titular; a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento de 2024; a transferencia de créditos 4/2024; […]

today7 noviembre, 2024

Comarca

Cinema Miúdo, unha viaxe ás orixes do cinema para a rapazada de Ames

Ames convértese na capital do cinema infantil con Cinema Miúdo, o festival internacional de cine infantil que celebra a sétima edición nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns entre o 14 e o 17 de novembro e está adicado aos pioneiros do cinema Esta mañá representantes do Concello de Ames, a Deputación da Coruña e Abella Producións presentaron as novidades da inminente edición, na que asistiron como convidados 60 alumnas e alumnos de terceiro curso de Educación Primaria do […]

today6 noviembre, 2024

Comarca

Xa podes escoller os vídeos gañadores do público do certame Galetiktokers

Dende ás 11.00 horas de hoxe, 6 de novembro, e ata as 11:00 horas do venres, 8 de novembro, está aberto o prazo para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, que pretende estimular a creatividade da rapazada animando á creación audiovisual en galego Nesta quinta edición presentáronse 39 vídeos, realizados por arredor de 80 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. […]

today6 noviembre, 2024

Actualidad

Ames inicia unha recollida de alimentos e enseres para as persoas afectadas pola DANA

Demándase leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, palas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir Recolleranse dende agora alimentos nas casas da cultura de Milladoiro e Bertamiráns de 9 a 20 horas e, na casa do concello dende luns, de 9 a 14 horas Ames fai un chamamento á colaboración e a solidariedade con todas as persoas afectadas pola DANA Ames, 2 de novembro de 2024.- O Concello de Ames responde á solicitude […]

today1 noviembre, 2024

AD