AD

ames

403 Resultados / Página 34 de 45

Fondo
AD

Actualidad

Ames apostará pola creación dun teatro municipal para acoller actividades culturais de maior aforo

      Nunha entrevista este luns en Radio Líder Santiago, o alcalde do concello máis transparente de Galicia, Blas García, compartiu importantes anuncios sobre a xestión municipal en Ames. Desde iniciativas innovadoras ata proxectos de desenvolvemento urbano e social, García delineou unha visión ambiciosa para o presente e futuro do municipio. O socialista Blas García comezou a entrevista con Álvaro Veiga revelando unha nova medida de transparencia; a habilitación dun espazo na web municipal para que os grupos de […]

today16 abril, 2024

Actualidad

Ames presenta os campamentos municipais de verán 2024

      Esta mañá presentouse na Casa do Concello, en Bertamiráns, o servizo de campamentos de verán 2024, dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato Durante o acto, a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, destacou que este servizo tamén “busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de verán” Pola súa banda, o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, sinalou que un dos obxectivos do servizo de […]

today16 abril, 2024

Actualidad

Ames investirá máis de 200.000 € na pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada

      Dito proxecto, que está incluído no POS+ 2023, foi adxudicado á empresa Construcciones D. Ogando SL. As actuacións que se van executar están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Cortegada, así como dos seus accesos O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “coa adxudicación desta obra na parroquia da Ameixenda seguimos avanzando coas actuacións do POS+ 2023 e continuamos cos arranxos dos interiores de núcleos do rural. As actuacións […]

today15 abril, 2024

Actualidad

III Feira da Saúde e Ben-Estar, este sábado en Bertamiráns

      Este sábado, 13 de abril, a Praza da Maía de Bertamiráns acollerá a terceira edición da Feira de Saúde e Ben-Estar, organizada polo Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde. A partir das 11:00 horas e ata as 19:00 horas, un total de 9 asociacións (ALCER, ANEDIA, ACEM, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, AL-ANON, CONARTRITES, ASANOG e AEPPNA) participarán neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas […]

today12 abril, 2024

Actualidad

Ames presenta unha nova camiñada teatralizada polas Fragas do Tambre

      Con esta iniciativa preténdese que a veciñanza de Ames coñeza a gran diversidade ambiental e valor histórico e patrimonial que existe arredor das Fragas do Tambre O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destaca que “son as segundas camiñadas teatralizadas que se organizan tras as feitas polo rego da Andoriña. Neste caso é unha ruta cun percorrido máis sinxelo con dificultade baixa e catro quilómetros de percorrido. Desta volta, remata no […]

today11 abril, 2024

Actualidad

Novo circuíto de calistenia no paseo fluvial de Bertamiráns

      A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o novo circuíto de calistenia conta entre outros elementos con barras paralelas, escaleira vertical para trepar e barras para desprazarse. Todos estes elementos permiten traballar a maioría dos grupos musculares, ademais de mellorar a forza muscular, aumentar o nivel de resistencia e queimar calorías” Este circuíto de calistenia súmase ao parque biosaudable, á pista deportiva e ao parque infantil que están situados na contorna do paseo fluvial de Bertamiráns. […]

today11 abril, 2024

Actualidad

Alcalde e concelleira de Promoción Económica reciben á nova directiva da Xuntanza de Empresarios de Ames

      A asociación Xuntanza de Empresarios de Ames renova a directiva despois dun acordo unánime O alcalde, Blas García: “XEA realiza unha labor excepcional dinamizando o comercio local de Ames, seguiremos contando con eles para promover a actividade económica do concello” O presidente de XEA, Ramón Cordido: “A anterior directiva fixo un gran traballo e a nosa intención e continuar nesa liña. Esta nova xerencia ten a experiencia e a capacidade de traballo necesaria para facelo” Ames, 9 […]

today9 abril, 2024

Actualidad

Comeza a funcionar a Entidade Pública Empresarial Augas de Ames

      Blas García indicou “como estaba previsto, a empresa iniciou a súa actividade o 1 de abril; todo o persoal da empresa Espina y Delfín pasou a formar parte da EPEL. Subrogáronse 17 persoas, o mesmo número de empregados que estaban a traballar en Espina y Delfín” Ademais, destacou que “un dos obxectivos deste mandato é iniciar os traballos para levar a rede de abastecemento de auga a todos os núcleos do rural, que non dispoñen deste servizo, […]

today4 abril, 2024

Actualidad

A Aula da Natureza de Ames organiza o 6 de abril o obradoiro “Alianza cos morcegos”

      Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño Ofértanse un total de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición Consistirá na construción e colocación de caixas niño-refuxio para colonias de morcegos deseñadas tanto para morcegos semi - urbanos como de campo O obradoiro contará cun servizo de autobús Ames, 3 de abril de 2024.- […]

today4 abril, 2024

AD