AD

ames

403 Resultados / Página 40 de 45

Fondo
AD

Actualidad

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este domingo o Concerto de Reis

      Trátase dun recital que contará coa participación de varias agrupacións corais, todas elas do Concello de Ames O recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas Ames, 3 de xaneiro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este domingo 7 de xaneiro un concerto de Reis, no que participarán diversas agrupacións corais de Ames. Este recital, que se enmarca […]

today3 enero, 2024

Actualidad

A nova améndoa central de Bertamiráns da prioridade aos peóns

      Recentemente remataron e foron recepcionadas as obras que se executaron para humanizar a améndoa central de Bertamiráns. Este proxecto estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. A través de dita actuación mellorouse a comunicación cos equipamentos públicos e as zonas verdes, contribuíndo á dinamización da economía e do comercio local. Actuouse en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Converteuse o centro […]

today3 enero, 2024

Actualidad

Ames adxudica a pavimentación dos viarios do núcleo de Framil por 346.420 €

Ames, 2 de xaneiro de 2024.- A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Framil, pertencente á parroquia de Biduído. As obras, incluídas dentro do plan POS+2023, foron adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia SL por un importe total de 346.420 euros (IVE incluído). Os veciños de Framil, en Biduído, gozarán dunha renovación da pavimentación das súas estradas, así como do interior do núcleo. A Xunta de Goberno Local […]

today2 enero, 2024

Actualidad

Sáese da vía co coche en Ames e fuxe do lugar do accidente

Este sábado rexistrábase a saída de vía dun vehículo na AC-544 sen que fose atopado ninguén no mesmo. Os Bombeiros do GES Brión foron requeridos polo 112 de Galicia sen que fose necesario excacerar a ninguén. O accidente produciuse en dirección Bertamiráns, á altura da zona de Os Barreiros, no Concello de Ames. Na zona tamén traballaron Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

today30 diciembre, 2023

Actualidad

O Concello de Ames vai crear unha Oficina de Transformación Comunitaria

O alcalde, Blas García, destaca o compromiso da Concellería que el dirixe coa creación desta oficina que fará posible o correcto asesoramento para a creación de comunidades enerxéticas. “É a primeira vez que o Concello de Ames destina unha partida orzamentaria nesta materia, reflexo da seriedade da nosa aposta en materia de integración de enerxías renovables” A oficina será de natureza principalmente virtual a través da súa propia páxina web, podendo dispoñer de emprazamento físico nas instalacións do espazo colaborativo […]

today29 diciembre, 2023

Actualidad

Ames, o único concello que medra de Galicia, acada os 32.482 habitantes

Blas García: “Estes datos falan moi ben do traballo realizado tanto actualmente como nos últimos anos por anteriores Corporacións. Ames é o lugar perfecto para establecer un proxecto de vida” Segundo datos do INE, do 1 de xaneiro do 2022 ao 1 de xaneiro do 2023, Ames medrou en 387 habitantes Dende o ano 2000, o concello de Ames duplica a súa poboación Ames, 28 de decembro de 2023.- O pasado 23 de decembro saíron publicados no BOE as cifras […]

today28 diciembre, 2023

Actualidad

A unidade móbil de doazón de sangue estará o 28 de decembro en Bertamiráns

      Estará na Praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía) en horario de 9:30 a 14:30 horas, e de 15:30 a 21:00 horas Ames, 27 de decembro de 2023.- A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves 28 de decembro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas, e de […]

today27 diciembre, 2023

Actualidad

Adxudícase a reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Bertamiráns por 170.000 €

      A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Bertamiráns. O proxecto, que forma parte do POS+2022, foi adxudicado á empresa Excavaciones y Transportes Ivanca SL por un importe total de 169.050,59 euros. As obras contemplan a colocación dun novo sistema de cuberta formado por un panel nervado de aceiro galvanizado, así como de paneis translúcidos. Para a fachada empregaranse paneis de chapa simple, e ademais instalarase un […]

today27 diciembre, 2023

Actualidad

As tarxetas de desconto “Bonos Consuma” xeran en 10 días un gasto de 135.455 euros

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca a boa acollida que está tendo a campaña. “En pouco máis de 10 días xa se consumiu o 52% do orzamento que se destina aos bonos consuma. O ritmo de gasto está sendo moi bo e xa se superaron os 135.000 euros de gasto total. Animamos ás persoas que descargaron bonos a consumilos o antes posible, porque é probable que o orzamento se esgote antes do 31 de xaneiro, data na […]

today26 diciembre, 2023

AD