AD

ames

403 Resultados / Página 7 de 45

Fondo
AD

Comarca

A segunda edición de Baila con Ames xa ten gañadores

Preto de 80 artistas participaron este pasado venres, 18 de xullo, neste concurso celebrado no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Na categoría individual a gañadora foi Alba Mourelle, mentres que na categoría de grupos (para formacións de mínimo 4 persoas e un máximo de 12) as gañadores e gañadores foron Laura Marcote, Andrés Parga, Soraya Santos, Naiara Carrwira, Miriam Gómez e, de novo Alba Mourelle. Ademais, na categoría de parellas ou tríos creada nesta edición (dirixida a formacións […]

today21 julio, 2025

Comarca

Preto de 80 persoas participarán na segunda edición do concurso Baila con Ames

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “esta segunda edición do Baila con Ames está espertando unha gran expectación como demostran os datos de participación con 77 persoas inscritas e superando a participación da primeira edición. Este ano hai varias novidades como son que cada bailarín só poderá participar nunha única actuación por categoría e creamos unha categoría máis con respecto ao ano pasado que é a de parellas e tríos” Na categoría individual hai 15 bailaríns/as […]

today18 julio, 2025

Comarca

As “Noites en Vela” de A Ponte Maceira adíanse para o 30 de agosto

A edición deste ano das “Noites en Vela” coas actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras, prevista para este 19 de xullo, celebrarase finalmente para o vindeiro 30 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado Con este cambio de data, preténdese manter a esencia desta actividade, que naceu para poñer en valor unha gran paraxe paisaxística e natural do noso concello como é A Ponte Maceira a través da celebración desta cita musical anualmente A pesar […]

today17 julio, 2025

Actualidad

“Ames en festas 2025” encadeará dez días seguidos de música e troula no Milladoiro e Bertamiráns

Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, volven a celebrar un ano máis as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación que encadea 10 días seguidos de troula dende o venres 1 ata o domingo 10 de agosto Haberá propostas musicais para todos os públicos e gustos, nos que actuarán as mellores orquestras da verbena galega pero tamén haberá oco para os artistas e grupos emerxentes ou o pop e rock, entre […]

today16 julio, 2025

Actualidad

Icía Ares, do Ames Atletismo Savante, campioa de España sub-18 na proba 5.000 marcha en pista

Icía Ares vén de completar unha gran tempada. Ata o de agora xa posuía o bronce nacional nos 5000 marcha en ruta e os títulos de campioa galega absoluta e sub-18, pero a todo isto sumou o campionato de España sub 18 na proba de 5.000 marcha en pista, logrado o pasado 5 de xullo en Castellón Ademais, Icía Ares remata a tempada coa magnífica nova da convocatoria da selección española de atletismo para participar no campionato Iberoamericano do 19 […]

today15 julio, 2025

Comarca

María Peña, Inés Peña e Jorge Sanmartín participarán no Campionato de España de patinaxe artística

O polideportivo Roser Llop de Figueres acollerá, do venres 18 ao domingo 20 de xullo, o 33º Campionato de España de patinaxe artística, coa participación de 91 patinadores e patinadoras procedentes de 51 clubs na modalidade libre e en categoría sénior e júnior Do club de patinaxe artística Sarela acudirán a dito campionato dúas patinadoras: as irmás María Peña e Inés Peña, e o patinador Jorge Sanmartín, que conseguiron a clasificación no campionato galego de patinaxe artística celebrado en Gondomar […]

today15 julio, 2025

Actualidad

Aprobada a licenza de construcción de tres novos edificios en Bertamiráns con 79 vivendas

Outorgase licenza para a construción de tres edificios na Travesía da Peregrina e na rúa Rueiro, en Bertamiráns, cun total de 79 vivendas, garaxes, rochos e locais O alcalde de Ames, Blas García, explica que “seguimos traballando para que Ames sexa un lugar onde vivir sexa máis fácil, accesible e de calidade. A promoción de vivenda, tanto pública como privada, é unha prioridade absoluta deste goberno” Ames, 11 de xullo de 2025.- A Xunta de Goberno Local aprobou o 19 […]

today14 julio, 2025

Comarca

Adxudícase por máis de 11,6 M€ a construción do novo colexio do Milladoiro

O alcalde, Blas García, valora como “moi positiva e importante para o Concello de Ames” esta resolución pois o novo centro do Milladoiro “é un dos piares do proxecto amesá para seguir desenvolvendo o núcleo máis grande e importante do concello” Trátase do primeiro centro construído en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, […]

today11 julio, 2025

Actualidad

Cinco heridos leves tras volcar un vehículo en un regato en Ames

  Cinco personas resultaron heridas leves este jueves por la tarde tras sufrir un accidente de tráfico en la parroquia de Covas, en Ames. El vehículo en el que viajaban se salió de la calzada en la carretera CP-0202, cerca de la avenida de Azcárraga, volcando en el Rego dos Pasos, un pequeño riachuelo cercano a un puente. Entre los ocupantes, una persona requirió atención médica por una crisis de ansiedad, mientras que otras cuatro fueron trasladadas en ambulancia al […]

today11 julio, 2025

AD