AD

ames

403 Resultados / Página 8 de 45

Fondo
AD

Actualidad

Máis de 10.000 euros recadados no IV Fest for Dent para a investigación da enfermidade de Dent

A cuarta edición do Fest for Dent celebrouse con grande éxito, superando todas as expectativas e recadando máis de 10.000 euros que se destinarán ao equipo de investigación NefroCHUS do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Esta doazón contribuirá ao estudo da enfermidade de Dent, unha doenza renal minoritaria que aínda non ten cura. O evento, organizado pola Asociación Art for Dent, combinou cultura, gastronomía e solidariedade a través de tres iniciativas clave: Concerto de Abraham Cupeiro (30 de maio) – Unha actuación emotiva e solidaria no auditorio […]

today11 julio, 2025

Comarca

O Club Atletismo Millaraio acadou varios logros no Campionato de España Máster

A pasada fin de semana do 21 e 22 de xuño, a localidade alicantina de La Nucía acolleu o Campionato de España Máster, unha cita na que o Club Atletismo Millaraio contou coa participación de Puri Cariñena e David López Pola súa banda, Puri Cariñena acadou unha medalla de prata na proba dos 300m vallas e un ouro no relevo de 4x100m competindo co Club Atletismo Sada En canto a David López, o atleta do club amesán acadou a medalla […]

today10 julio, 2025

Actualidad

Blas García solicítalle ao presidente da Xunta a construción dunha residencia pública en Ames

Blas García destacou “un dos problemas que empezamos a ter en Galicia é a conciliación das persoas maiores e, polo tanto, xa fixamos o ofrecemento de trasladar á Xunta as parcelas ou a parcela necesaria para facer unha residencia para as persoas maiores aquí no concello”. Ademais, insistiu en que “independentemente de ideoloxías, as Administracións debemos traballar xuntas, con colaboración, porque temos que ter un único obxectivo que é mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas” O […]

today10 julio, 2025

Comarca

A licitación a mellora da rede de augas pluviais no Parque Novo Milladoiro

O orzamento base de licitación ascende a 53.463,02 euros, máis o correspondente IVE de 11.227,23 euros, o que fai un total de 64.690,25 euros. Este proxecto foi aprobado por unanimidade no pleno ordinario do pasado mes de xuño O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, dixo que “coa execución deste proxecto intentaremos minimizar os problemas de asolagamento de auga que se producen na parte baixa do parque empresarial Novo Milladoiro e no colexio de Ventín” Ames, 4 de […]

today4 julio, 2025

Comarca

O club Ames Atletismo Savante pecha xuño con logros a nivel autonómico e nacional

  O club Ames Atletismo pechou un mes de xuño cunha listaxe de logros e medallas acadados tanto a nivel galego como a nivel nacional Na fin de semana do 15 de xuño, tivo lugar o Campionato Galego sub-14, unha cita na que o club amesán acadou varios metais: Juan Pernas, medalla de prata nos 2000m marcha; Arón Grille, bronce tamén na proba dos 2000m marcha; Lara Suárez, bronce nos 1000m de obstáculos e Carla Abeal, tamén bronce na proba […]

today4 julio, 2025

Comarca

Comezan os Seráns de Ames co pregón de Inés Suárez (As Maianas) e cun espectáculo de circo

A iniciativa, que orixinalmente naceu no 2021 como os Seráns de Tapia ofrecendo só espectáculos na praia fluvial de Tapia, foi medrando e trasladándose a outras parroquias do rural, apostando por diversificar as propostas culturais de Ames a diferentes localizacións do concello Blas García destaca que “a intención é ir ampliando a outras parroquias do noso concello e trasladalo ao rural. Este ano incorporamos tres parroquias novas coma Ortoño, Covas e Trasmonte e, ademais, procuramos que coincidiran coas festas parroquiais […]

today1 julio, 2025

Comarca

A segunda edición de Baila con Ames conta con preto de 80 participantes

  A xornada de selección vaise celebrar no Milladoiro este sábado, 28 de xuño, ás 18.00 horas. Nesta fase, o xurado seleccionará un máximo total de 21 participantes entre todas as categorías. Tras todas as exhibicións, comunicarase a listaxe de persoas clasificadas para a fase final. As persoas clasificadas poderán enviar ata o 14 de xullo a pista musical escollida para a derradeira exhibición A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “esta segunda edición do Baila con […]

today26 junio, 2025

Actualidad

O XIV Millarock contará coas actuacións de Ruxe Ruxe, Battosai e Ulex

Na súa décimo cuarta edición, apóstase por facer un Millarock máis inclusivo e contarase con mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva e, ademais, contarase cunha plataforma elevada con rampla para as persoas con mobilidade reducida O concelleiro de Cultura e alcalde de Ames, destacou que “o ano pasado dimos un paso adiante con implicar aos máis pequenos dentro do mundo do rock e este ano apostamos por facer un Millarock máis inclusivo e apto para todos. Somos un […]

today26 junio, 2025

Actualidad

Gran participación do Club de Atletismo Millaraio nos campionatos galegos ao aire libre sub10 e sub12

O pasado sábado 14 de xuño, a cidade de Vigo acolleu os campionatos galegos de atletismo ao aire libre sub10 e sub12, unha proba na que o Club de Atletismo Millaraio tivo representantes en varias das categorías disputadas En ámbalas dúas competicións, o club amesán acadou grandes resultados, destacando o segundo posto acadado polo equipo masculino sub10 Ademais dos logros acadados a nivel autonómico, os atletas máster do Millaraio, Puri Cariñena e David López, disputarán esta fin de semana unha […]

today20 junio, 2025

AD