Oroso únese á loita por unha AP-9 máis xusta
O Concello reclama o pago íntegro do IBI pola concesionaria da autoestrada Oroso deu un paso firme na defensa dos dereitos dos seus veciños e veciñas ao participar hoxe en Abegondo na constitución da Asociación de Concellos Galegos Afectados pola AP-9. Esta plataforma nace coa vontade de reclamar que a empresa concesionaria da autoestrada asuma as súas obrigas fiscais, concretamente o pago do 100% do IBI, tras décadas de exencións consideradas inxustas polos municipios afectados. Trátase dunha causa xusta e […]