Concello de Santiago e Xunta pechan o acordo para a construción dun aparcadoiro no CHUS
11/07/2024. Santiago de Compostela. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño e a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, pecharon o acordo para mellorar a accesibilidade na contorna do hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e a construción dun aparcadoiro. Nas últimas horas tivo lugar un encontro entre Concello e Xunta no que se acordaron as bases de colaboración para mellorar a situación de mobilidade e ordenación na contorna […]