Chegan as xornadas “Tendencias en Agromárketing’ á EFA Piñeiral de Arzúa
A Fundación Juana de Vega promove en colaboración co centro de formación profesional e promoción rural EFA Piñeiral as xornadas “Tendencias en Agromárketing, emprendemento e innovación en empresas de economía social do sector agroalimentario galego”. Esta acción formativa e divulgativa celebrarase na sede da EFA Piñeiral, en Arzúa, os días 14 e 15 de marzo en horario de 9:30 a 17:30 horas. Este curso, enmarcado dentro do programa de actuación 2024 da Rede Eusumo, está dirixido a […]