A maxia enche Santiago de solidariedade coa IV Gala Benéfica de Maxia a favor de ASANOG
O Auditorio Abanca acollerá o domingo 23 de novembro, ás 12:00 horas, un espectáculo de maxia solidaria a beneficio da infancia e adolescencia con cancro en Galicia. Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2025. Este domingo 23 de novembro terá lugar a IV Gala Benéfica de Maxia a favor de ASANOG (Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia), unha cita solidaria xa consolidada no calendario compostelán. Un grupo de magos e magas profesionais actuará de forma totalmente altruísta, […]