“As festas merecen máis”: a oposición critica o cartel da Ascensión e o goberno reivindica a aposta galega
O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago converteuse este luns nun espazo de análise sobre dous dos asuntos que marcan a actualidade compostelá: o ascenso do Monbus Obradoiro á ACB e o inicio das Festas da Ascensión. No encontro participaron Pilar Lueiro, Nerea Barcia, Marta Abal e Xan Duro, que coincidiron en cualificar de “histórico” o regreso do club compostelán á máxima categoría do baloncesto español, aínda que amosaron diferenzas á hora de valorar a programación cultural das festas […]