Rianxo contará cun novo Servizo de Atención Temperá
O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade por importe de 29.000€ aproximadamente para a posta en funcionamento dun Servizo de Atención Temperá. Trátase dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno máis próximo, que ten como obxectivo fundamental darlle resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento. Con este servizo os nenos […]