A Estrada convértese esta fin de semana na sede da Copa 5×5 de Balonmán na Rúa
A Estrada, 8 de outubro de 2025- A Federación Galega de Balonmán iniciou hoxe a montaxe das gradas e pistas para que a A Estrada se converta, dende este venres e ata o domingo, na cuarta sede da Copa 5x5 Balonmán na Rúa, organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a citada federación. O evento inclúe á Estrada xunto con Vigo, Redondela e A Cañiza. A cita desenvolverase na Praza da Constitución, aos pés do consistorio estradense, e está aberta […]